- https://info64.org/copa-gonzalez-march-2026-sub14
- https://info64.org/copa-gonzalez-march-2026-absoluto
mércores, 5 de agosto de 2026
Inscricións na COPA GONZÁLEZ MARCH 2026
martes, 28 de xullo de 2026
COPA GONZALEZ MARCH 2026
José González March ten o orgullo de ser a primeira persoa homenaxeada pola Federación Galega de Xadrez, segundo a acta do 21 de xaneiro de 1935. Aquela iniciativa, acollida con enorme entusiasmo por todos os asembleístas, recoñeceu a entrega incansable dun afeccionado que traballou polo taboleiro.
Malia os seus problemas de saúde, asistiu e colaborou en eventos federativos fóra da cidade herculina. Asumiu a tesouraría da Federación Galega e da Federación Española, deixando unha xestión exemplar. Grazas ao seu impulso organizáronse grandes festivais e A Coruña acadou tres grupos federados. Como deportista, foi un dos xogadores máis fortes do seu tempo, asinante de partidas de enorme mestría. Por todo este legado, a federación nomeouno socio de honra e entregoulle un álbum tributo asinado por toda a afección galega.
A súa pegada entronca cunha saga relevante na cidade: foi pai do escritor Miguel González Garcés (cun busto na Maestranza) e avó do ex-concelleiro Carlos González-Garcés.
Para poder levar a cabo este torneo de homenaxe, agardamos contar co apoio do Concello da Coruña.
BASES COPA GONZALEZ MARCH 2026
Organizan: Club Ludo – Sociedade Deportiva e Sporting Club Casino
Datas: Do 24 ó 28 de agosto de 2026
Local de xogo: Sporting Club Casino. Rúa Real, nº 83 – A Coruña.
TORNEO SUB14
Sistema e Ritmo:
• Xogarase por sistema suízo a cinco roldas.
• O ritmo será de 25' + 10''.
• Valedoiro para ELO FIDE rápido.
Horario:
• O primeiro día a presentación será ás 16,30.
• Horario das partidas: 17,00 horas.
• Os xogadores poden solicitar os bye que desexen, avisando á organización antes do comezo da rolda 1. Outorgaranse 0 puntos. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.
Criterios de Desempate:
1. Bucholz
2. Bucholz-1
3. Progresivo
4. Partidas gañadas
5. Resultado particular
6. Partidas xogadas con negras.
Criterios de Participación:
1. Será necesario contar con licenza federativa en vigor.
2. Reservado a xogadores menores de 14 anos.
3. Haberá un máximo de 32 participantes.
Premios:
• Trofeo para os 3 primeiros e para o 1º clasificado socio do Sporting Club Casino.
• Medalla para todos os participantes.
TORNEO ABSOLUTO
Sistema e Ritmo:
• Xogarase por sistema suízo a cinco roldas.
• O ritmo será de 60' + 30''.
• Valedoiro para ELO FIDE estándar.
Horario:
• O primeiro día a presentación será ás 18,00.
• Horario das partidas: 18,30 horas.
• Os xogadores poden solicitar os bye que desexen, avisando á organización antes do comezo da rolda 1. Outorgaranse 0 puntos. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.
Criterios de Desempate:
1. Bucholz
2. Bucholz-1
3. Progresivo
4. Partidas gañadas
5. Resultado particular
6. Partidas xogadas con negras.
Criterios de Participación:
1. Será necesario contar con licenza federativa en vigor.
2. Aberto a todas as idades, pero xogarase nunha única categoría.
3. Reservado a xogadores con ELO estándar menor que 2400 puntos (incluíndo xogadores sen ELO)
4. Haberá un máximo de 32 participantes.
Premios:
• 1º posto: Trofeo e 70 euros.
• 2º posto: Trofeo e 50 euros.
• 3º posto: Trofeo e 40 euros.
• 4º posto: 35 euros.
• 5º posto: 30 euros.
• 6º posto: 25 euros.
• 1º clasificado socio do Sporting Club Casino: Trofeo.
• Pequeno agasallo e medalla para todos os participantes.
INSCRICIÓNS:
• A cota do torneo sub14 será de 10 euros. A cota do torneo absoluto será de 15 euros. Para aqueles xogadores sub14 que participen nos dous torneos, a cota total para ambos será de 20 euros.
• Os socios do Sporting Club Casino e o alumnado do Colexio Santo Domingo FESD terán unha bonificación do 50 % sobre estas cotas.
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:
• O prazo permanecerá aberto ata o 22 de agosto ou ata que se complete a cabida prevista.
• Ata o día 5 de agosto terán preferencia na inscrición os socios do Sporting Club Casino.
O pago realizarase durante a primeira xornada de xogo.
CLAUSURA:
Horario para o torneo sub14: 18,30 horas aproximadamente.
Horario para o torneo absoluto: 21,30 horas aproximadamente.
É obrigatoria a presenza na cerimonia de clausura para recoller o premio.
Director do Copa: José Manuel Andión Fernández
Árbitro Principal: Francisco Javier García Veiras
Asistente: Marcos Martínez Ramos
As decisións tomadas polo árbitro principal serán inapelables.
Aspectos Varios:
A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.
Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.
En caso de xogadores que se inscriban e non asistan ou ben abandonen o torneo, a organización poderá vetar a súa participación en calquera outro torneo organizado polas entidades convocantes nos próximos dous anos.
A organización reservase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web www.clubludo.com
xoves, 18 de xuño de 2026
Inscricións no TORNEO MERINO 2026 – XXI LUDO LÓSTREGO
Lembramos que o vindeiro luns 22 ás 20:00 celebramos o TORNEO MERINO 2026 – XXI LUDO LÓSTREGO. Aquí podes consultar a listaxe de inscritos:
https://info64.org/torneo-merino-2026-xxi-ludo-lostrego
Aínda estás a tempo de apuntarte! Tes as bases, co formulario de inscrición, aquí! Anímate!
mércores, 10 de xuño de 2026
TORNEO MERINO 2026 – XXI LUDO LÓSTREGO
O Club Ludo - Sociedade Deportiva foi fundado o 21 de xuño de 2002. Esta mesma data coincide co nacemento, no ano 1939, de Domingos Merino, quen foi un dos xadrecistas máis destacados de Galicia e alcalde da cidade da Coruña.
Co obxectivo de conmemorar tanto a fundación da nosa sociedade coma o nacemento de Merino, o Club Ludo e a familia do homenaxeado promoven a celebración anual deste torneo en datas próximas ó 21 de xuño na Coruña. Deste xeito, a proba blitz, que foi a primeira das creadas pola nosa entidade, incorpora formalmente o apelido Merino na súa denominación desde 2023. Visto o bo resultado de participación de edicións anteriores, este ano o torneo seguirá sendo valedoiro para ELO FIDE blitz.
Tamén queremos expresar o noso sincero agradecemento ó Centro Comercial Los Rosales por permitirnos empregar as súas instalacións como local de xogo. Así mesmo, agardamos contar, aínda que de momento está pendente de confirmación definitiva, co apoio económico do Concello da Coruña.
*** BASES DO TORNEO MERINO 2026 - XXI LUDO LÓSTREGO ***
Data: Luns 22 de xuño de 2026.
Local de Xogo: Centro Comercial Los Rosales, 1ª Planta.
Sistema e Ritmo:
- Xogarase por sistema suízo a cinco roldas.
- O ritmo será de 5' + 3''.
- Valedoiro para ELO FIDE.
Horario:
- Presentación: A partir das 19,30
- 1ª Rolda: 20,00
- 2ª Rolda: 20,20
- 3ª Rolda: 20,40
- 4ª Rolda: 21,00
- 5ª Rolda: 21,20
- A entrega de trofeos realizarase ó finalizar.
Criterios de Desempate:
- Bucholz
- Bucholz-1
- Progresivo
- Partidas gañadas
- Resultado particular
- Partidas xogadas con negras.
Criterios de Participación:
- Será necesario contar con licenza federativa en vigor.
- Todos os xogadores competirán nunha única categoría.
- Haberá un máximo de 32 participantes.
Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados e para o mellor xogador alumno do Colexio Santo Domingo-FESD.
Inscricións:
A cota de participación é de 5 euros.
As inscricións realizaranse exclusivamente a través do formulario ligado:
Advertencia 1: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
Director do Torneo: José Manuel Andión Fernández
Árbitro do Torneo: Francisco Pedreira Giralda
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.
xoves, 16 de abril de 2026
Falecemento de Ernesto Pérez Ramil
Que o noso querido amigo descanse en paz.
sábado, 27 de decembro de 2025
Resultados TORNEO "XENERAL AZCÁRRAGA"
O Torneo Xeneral Azcárraga celebrouse o pasado 26 de decembro de 2025 no Colexio Santo Domingo FESD. Foi o cuarto e último evento da serie "Nadal na Cidade Vella", organizada polo Club Ludo co apoio do Concello da Coruña.
Clasificación final (tras 5 roldas)
- Arangüena Laffon, Jaime – 5.0 puntos (Buchholz -1: 12.0 | BH: 12.5) → Campión absoluto Dominou de principio a fin cun impecable pleno de 5 victorias.
- Soto Paíno, Iago – 4.0 puntos (BH: 12.5)
- Rodríguez González, Pablo – 3.0 puntos (BH: 14.5)
- Sande Seoane, Roque – 3.0 puntos (BH: 11.0)
- Redondo Lago, Juan José – 2.0 puntos (BH: 14.5)
- Andión Muinelo, Manuel – 2.0 puntos (BH: 10.0)
- Romero Cela, Xurxo – 0.5 puntos (BH: 12.5)
- Soto Ríos, Antón – 0.5 puntos (BH: 12.5)
Parabéns a Jaime Arangüena pola súa clara e merecida vitoria, a Roque Sande por ser o mellor xogador alumno do Colexio Santo Domingo FESD e ao resto de xogadores pola participación e loita. E queremos rematar agradecendo ao Concello da Coruña por apoiarnos nestes torneos que manteñen vivo o xadrez de base na Coruña durante as vacacións de Nadal: un peche perfecto para o 2025 nun marco tan bonito como a Cidade Vella.
Máis fotos no noso Facebook!
luns, 22 de decembro de 2025
TORNEO "XENERAL AZCÁRRAGA"
A súa vinculación coa cidade xorde da súa xestión política para que a Capitanía Xeral permanecese na Coruña, consolidando así o seu status administrativo. Por iso, en 1896, o Concello dedicoulle a que fora a praza principal da cidade: a Praza da Fariña (ou do Mercado). Nela instalouse posteriormente a Fonte do Desexo, que abastecía de auga á veciñanza da Cidade Vella.
Tamén queremos destacar a súa pertenza á familia dominicana por ter estudiado Dereito na Universidade de Santo Tomás, recoñecida como a universidade asiática máis antiga que continua en funcionamento.
E, como sempre, non queremos rematar esta pequena introdución agradecendo de novo ó Concello da Coruña o seu apoio que fai posible a celebración deste torneo.
*** TORNEO "XENERAL AZCÁRRAGA" ***
Data: 26 de decembro de 2025.
Lugar: Colexio Santo Domingo FESD, Praza de Santo Domingo, A Coruña
Ritmo: 15' + 10''
Horario:
Presentación: 16,45
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,50
3ª Rolda: 18,40
4ª Rolda: 19,30
5ª Rolda: 20,20
A entrega de trofeos realizarase ó finalizar (aprox. 21,10).
O emparellamento será realizado polo programa ChessManager.
Os xogadores poden solicitar os bye que desexen, avisando a organización antes do comenzo da rolda 1. Outorgaranse 0,5 puntos. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.
Criterios de desempate:
- Bucholz -1
- Bucholz
- Sonneborn-Berger
- Progresivo
- Enfrontamento particular
- Número de victorias
- Número de victorias con negras
Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados e para o mellor alumno/a do Colexio Santo Domingo FESD de A Coruña.
Todos os participantes recibirán unha medalla de recordo da actividade.
Os xogadores competirán nunha soa categoría e non só contra xogadores da súa idade.
*** *** ***
Inscrición:
Máximo 32 participantes.
A participación nos torneos é gratuíta.
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:
Advertencia 1: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.
domingo, 21 de decembro de 2025
Resultados TORNEO DE NADAL 2025
Este venres 19, ademáis do torneo "Pérez das Mariñas" que celebramos pola tarde, pasamos boa parte da mañá nun torneo interno para o alumnado de ESO e Bacharelato do Colexio Santo Domingo FESD. Aproveitamos o último día lectivo do primeiro trimestre para xuntar a 40 xogadores e xogadoras. Un récord de inscricións que demostra o crecente interese polo xadrez entre o alumnado!
A competición, organizada coa habitual ilusión do equipo directivo do centro, co apoio do Club Ludo e co material de xogo cedido polo Concello da Coruña, reuniu a rapaces e rapazas de diferentes cursos que loitaron por cada punto durante toda a mañá. Con partidas disputadísimas e moitos enfrontamentos de alto nivel, o torneo deixou momentos inesquecibles: remontadas heroicas, erros dramáticos no final e, sobre todo, moito compañeirismo fóra do taboleiro.
Antón C foi o gran dominador da xornada. Con autoridade e xogando un xadrez moi sólido, logrou 5 puntos de 5 posibles, impoñéndose en todas as súas partidas e coroándose campión absoluto do torneo. Unha actuación impecable que o coloca como referente do xadrez no colexio nestes momentos.
Moi preto quedou un nutrido grupo de cinco xogadores que acadaron os 4 puntos e que deron espectáculo ata o último movemento:
- Sergio 3 ESO
- Roque BACH
- Adrián F
- Alexandre 2 ESO
- Andrés BACH
- Luis BACH
A clasificación final tivo que resolverse cos criterios de desempate, o que reflicte o altísimo nivel e a igualdade entre os primeiros postos.
O xadrez segue medrando no colexio. Agardamos con moitas ganas o próximo torneo… quen sabe se antes de que remate o curso haberá revancha!
| Pos | Nome | Pts | BHC1 | BH | SB | PS |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Antón C | 5.0 | 13.5 | 14.5 | 14.5 | 15.0 |
| 2 | Sergio 3 ESO | 4.0 | 14.0 | 15.0 | 10.0 | 14.0 |
| 3 | Roque BACH | 4.0 | 14.0 | 15.0 | 10.0 | 13.0 |
| 4 | Adrian F | 4.0 | 12.5 | 15.5 | 12.5 | 11.0 |
| 5 | Alexandre 2 ESO | 4.0 | 12.5 | 14.5 | 10.5 | 12.0 |
| 6 | Andres BACH | 4.0 | 12.0 | 13.0 | 9.0 | 12.0 |
| 7 | Luis BACH | 4.0 | 11.0 | 12.0 | 9.0 | 12.0 |
| 8 | Mauro 3 ESO | 3.5 | 13.5 | 14.5 | 9.0 | 12.5 |
| 9 | Anton 4 ESO | 3.5 | 11.0 | 13.0 | 8.0 | 11.0 |
| 10 | Emil B | 3.0 | 16.0 | 18.0 | 10.0 | 12.0 |
| 11 | Imar BACH | 3.0 | 15.0 | 17.0 | 8.0 | 11.0 |
| 12 | Pepe L | 3.0 | 13.0 | 15.0 | 8.5 | 9.5 |
| 13 | Alvaro S | 3.0 | 12.5 | 14.5 | 7.0 | 9.0 |
| 14 | Jorge 3 ESO | 3.0 | 12.5 | 13.5 | 5.5 | 8.0 |
| 15 | Jacobo 4 ESO | 3.0 | 12.0 | 14.0 | 6.0 | 9.0 |
| 16 | Victor C | 3.0 | 11.0 | 12.0 | 5.0 | 8.0 |
| 17 | Isaac | 3.0 | 10.0 | 11.0 | 5.0 | 7.0 |
| 18 | Diego 4 ESO | 3.0 | 9.0 | 10.0 | 5.0 | 7.0 |
| 19 | Iker 2 ESO | 2.5 | 12.5 | 13.5 | 4.25 | 9.0 |
| 20 | Andres L | 2.5 | 11.5 | 12.5 | 4.25 | 5.5 |
| 21 | Martin A | 2.5 | 11.5 | 11.5 | 2.25 | 6.5 |
| 22 | Jorge BACH | 2.5 | 11.0 | 12.0 | 4.25 | 8.0 |
| 23 | Pedro 1 ESO | 2.0 | 13.0 | 13.0 | 3.0 | 8.0 |
| 24 | Iago C | 2.0 | 12.0 | 14.0 | 4.0 | 6.0 |
| 25 | Carlos B | 2.0 | 12.0 | 13.0 | 3.0 | 6.0 |
| 26 | Adrian BACH | 2.0 | 11.5 | 12.5 | 4.0 | 6.0 |
| 27 | Manu 4 ESO | 2.0 | 11.5 | 12.5 | 2.0 | 7.0 |
| 28 | Simon 2 ESO | 2.0 | 10.5 | 10.5 | 2.0 | 5.0 |
| 29 | Rodrigo H | 2.0 | 9.0 | 10.0 | 2.0 | 4.0 |
| 30 | Mauricio 3 ESO | 2.0 | 8.0 | 9.0 | 2.0 | 5.0 |
| 31 | Hector 4 ESO | 2.0 | 7.5 | 8.5 | 3.0 | 5.0 |
| 32 | Jacobo BACH | 2.0 | 7.5 | 8.5 | 2.0 | 4.0 |
| 33 | Adrian F | 1.0 | 12.5 | 14.5 | 2.0 | 5.0 |
| 34 | Sara M | 1.0 | 11.5 | 12.5 | 2.0 | 5.0 |
| 35 | Leo 2 ESO | 1.0 | 11.5 | 11.5 | 0.0 | 2.0 |
| 36 | Carlos L | 1.0 | 10.0 | 11.0 | 1.0 | 5.0 |
| 37 | Carlos G | 1.0 | 10.0 | 11.0 | 1.0 | 2.0 |
| 38 | Habacuc 1 ESO | 1.0 | 9.0 | 9.0 | 0.0 | 1.0 |
| 39 | Nathama 4 ESO | 1.0 | 8.0 | 9.0 | 1.0 | 2.0 |
| 40 | Diego 1 ESO | 0.0 | 7.5 | 8.5 | 0.0 | 0.0 |
Resultados TORNEO "PÉREZ DAS MARIÑAS"
O 19 de decembro tamén celebramos o Torneo "Pérez das Mariñas", en lembranza ó nobre galego do século XV protagonista na oposición á Revolta Irmandiña. Foi o terceiro dos torneos "Nadal na Cidade Vella" que podemos organizar grazas ó apoio do Concello da Coruña.
Sen embargo, e en contraste cos 40 xogadores do Torneo de Nadal 2025 que celebramos pola mañá entre o alumnado de ESO e Bacharelato do Colexio Santo Domingo FESD, a participación nesta ocasión foi moi reducida. Unha verdadera mágoa que ningún dos xogadores da mañá se animase a competir tamén pola tarde!
A clasificación final foi a seguinte:
1º Marcos Martínez
2º José Manuel Andión
3º Juan José Redondo
4º Félix García
luns, 15 de decembro de 2025
TORNEO "PÉREZ DAS MARIÑAS"
Pérez das Mariñas deixou disposto ser enterrado no Convento de Santo Domingo da Coruña. Lamentablemente, a súa sepultura non perdurou: o convento no que foi soterrado sufriu graves danos e foi finalmente derruído como consecuencia do ataque de Drake á cidade no ano 1589.
E, como sempre, non queremos rematar esta pequena introdución agradecendo de novo ó Concello da Coruña o seu apoio que fai posible a celebración deste torneo.
*** TORNEO "PÉREZ DAS MARIÑAS" ***
Data: 19 de decembro de 2025.
Lugar: Colexio Santo Domingo FESD, Praza de Santo Domingo, A Coruña
Ritmo: 10'+ 3''
Horario:
Presentación: 17,15
1ª Rolda: 17,30
2ª Rolda: 18,00
3ª Rolda: 18,30
4ª Rolda: 19,00
5ª Rolda: 19,30
A entrega de trofeos realizarase ó finalizar (aprox. 20,00).
O emparellamento será realizado polo programa ChessManager.
Os xogadores poden solicitar os bye que desexen, avisando a organización antes do comenzo da rolda 1. Outorgaranse 0,5 puntos. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.
Criterios de desempate:
- Bucholz -1
- Bucholz
- Sonneborn-Berger
- Progresivo
- Enfrontamento particular
- Número de victorias
- Número de victorias con negras
Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados e para o mellor alumno/a do Colexio Santo Domingo FESD de A Coruña.
Todos os participantes recibirán unha medalla de recordo da actividade.
Os xogadores competirán nunha soa categoría e non só contra xogadores da súa idade.
*** *** ***
Inscrición:
Máximo 32 participantes.
A participación nos torneos é gratuíta.
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:
Advertencia 1: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.
domingo, 14 de decembro de 2025
Resultados TORNEO "CIDADE VELLA"
O pasado venres 12 de decembro de 2025, o Centro Cívico da Cidade Vella transformouse no escenario dunha vibrante xornada de xadrez. Organizado polo Club Ludo co apoio do Concello da Coruña, o Torneo "Cidade Vella" reuniu a afeccionados e xogadores locais nun ambiente de deportividade e estratexia.
Jorge Rodríguez Guillén impón a súa lei
A competición, que se disputou baixo un ritmo de xogo de 5 minutos máis 3 segundos de incremento por xogada, tivo un claro dominador. Jorge Rodríguez Guillén amosou un nivel intratable ao facerse coa vitoria final cunha puntuación perfecta de 5 puntos en 5 roldas. O seu xogo preciso non deu opción aos rivais, asegurándolle o primeiro posto en solitario na clasificación final.
Un podio moi disputado
O segundo caixón do podio ocupouno José Luis Castelo Ramos, quen asinou un gran torneo sumando 3,5 puntos. A loita polo terceiro posto foi unha das máis emocionantes da tarde, xa que ata tres xogadores remataron empatados a 3 puntos. Finalmente, os criterios de desempate decidiron a clasificación final a favor de Juan José Redondo Lago, quen completou o podio.
Clasificación Final Completa
| Posto | Xogador | Puntos | Buchholz-1 |
| 1º | Jorge Rodriguez Guillen | 5 | 8.0 |
| 2º | Jose Luis Castelo Ramos | 3.5 | 8.5 |
| 3º | Juan José Redondo Lago | 3 | 9.0 |
| 4º | Marcos Martinez Ramos | 3 | 8.0 |
| 5º | Esteban Fidalgo | 3 | 7.5 |
| 6º | Jose Manuel Andion Fernandez | 2.5 | 8.0 |
| 7º | Jesús Losada Ballestero | 2 | 8.0 |
| 8º | Lin Rowan | 2 | 5.5 |
| 9º | Paulo Valerio Arias | 1 | 7.5 |
| 10º | Pablo Ramirez Carames | 0 | 7.0 |
Máis que unha competición
Ademais dos trofeos para os tres primeiros clasificados, todos os participantes recibiron unha medalla de recordo como recoñecemento ao seu esforzo. O evento tamén destacou polo seu carácter inclusivo, permitindo que xogadores de diferentes idades e niveis compartiran taboleiro.
Desde o Club Ludo queremos agradecer de novo ao Concello da Coruña por facilitar a celebración destas actividades que dinamizan a nosa Cidade Vella e seguen fomentando a paixón polo xadrez.
Grazas a todos por participar e vémonos no próximo torneo!
martes, 9 de decembro de 2025
TORNEO "CIDADE VELLA"
Imos celebrar o torneo no Centro Cívico Cidade Vella, que ocupa o Palacio da Veeduría. Non hai demasiada información anterior a 1640, pero puido servir de aloxamento ó emperador Carlos I na súa estadía na cidade. Nese ano pasou a mans da Real Facenda, e consolidou a súa fisionomía urbana e importancia administrativa durante o século XVIII grazas ás reformas de Antonio de Gaver para aloxar a Intendencia, sendo posteriormente actualizado en 1902 polo enxeñeiro Arias Sanjurjo para acoller as oficinas do Goberno Militar.
E non queremos rematar esta pequena introdución agradecendo de novo ó Concello da Coruña o seu apoio que fai posible a celebración deste torneo.
*** TORNEO "CIDADE VELLA" ***
Data: 12 de decembro de 2025.
Lugar: Centro Cívico Cidade Vella, rúa Veeduría nº 2, A Coruña
Ritmo: 5'+ 3''
Horario:
Presentación: 17,15
1ª Rolda: 17,30
2ª Rolda: 17,50
3ª Rolda: 18,10
4ª Rolda: 18,30
5ª Rolda: 18,50
6ª Rolda: 19,10
A entrega de trofeos realizarase ó finalizar (aprox. 19,30).
O emparellamento será realizado polo programa SwissPerfect.
Os xogadores poden solicitar os bye que desexen, avisando a organización antes do comenzo da rolda 1. Outorgaranse 0,5 puntos. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.
Criterios de desempate:
- Bucholz -1
- Bucholz
- Sonneborn-Berger
- Progresivo
- Enfrontamento particular
- Número de victorias
- Número de victorias con negras
Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados e para o mellor alumno/a do Colexio Santo Domingo FESD de A Coruña.
Todos os participantes recibirán unha medalla de recordo da actividade.
Os xogadores competirán nunha soa categoría e non só contra xogadores da súa idade.
*** *** ***
Inscrición:
Máximo 32 participantes.
A participación nos torneos é gratuíta.
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:
Advertencia 1: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.
domingo, 7 de decembro de 2025
Resultados TORNEO "SANTO DOMINGO" - XVIII CLUB LUDO
O pasado venres 5 de decembro celebramos o primeiro dos torneos do "Nadal na Cidade Vella" grazas o apoio do Concello da Coruña. O primeiro dos homenaxeados foi Santo Domingo de Guzmán, fundador da Orde de Predicadores. Ademais este torneo foi a XVIII edición do Torneo Club Ludo, e Marco Marcote incorporase ó longo palmarés dos seus gañadores. Foi seguido na clasificación por Gonzalo López e José Aba.
| Apellidos, Nombre | Club | Rating | Pts | BHC1 | BH | SB | PS | DE | WIN | BWG | |||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. | Marcote Gonzalez, Marco | 1838 | 5.0 | 11.5 | 12.5 | 12.5 | 15.0 | 0.0 | 5 | 2 | |||||
| 2. | Lopez Vazquez, Gonzalo | 1606 | 4.0 | 12.0 | 13.5 | 8.5 | 12.0 | 0.0 | 4 | 2 | |||||
| 3. | Aba Varela, Jose | 1744 | 3.0 | 10.5 | 13.5 | 5.75 | 10.0 | 0.0 | 2 | 1 | |||||
| 4. | Castro Vazquez, Anton | 1420 | 2.5 | 14.0 | 15.0 | 4.5 | 7.5 | 0.0 | 2 | 1 | |||||
| 5. | Garcia Fernandez, Felix | 1551 | 2.0 | 14.0 | 15.0 | 3.0 | 7.0 | 0.0 | 2 | 1 | |||||
| 6. | 3 | Miguel Castro Torre | 1000 | 2.0 | 6.5 | 8.5 | 2.0 | 4.0 | 0.0 | 2 | 1 | ||||
| 7. | Insua Scortegagna, Iker | 1439 | 1.0 | 12.5 | 13.5 | 1.0 | 2.0 | 0.0 | 1 | 0 | |||||
| 8. | 2 | Penedo Gaspar, Diego | 1.0 | 10.0 | 12.5 | 1.0 | 5.0 | 0.0 | 1 | 0 | |||||
| 9. | 1 | Insua Lopez, Santiago | 1.0 | 8.0 | 9.0 | 1.5 | 4.0 | 0.0 | 1 | 0 | |||||
| 10. | Andion Fernandez, Jose Manuel | 1506 | 0.0 | 10.0 | 12.5 | 0.0 | 0.0 | 0.0 | 0 | 0 | |||||
| 11. | Fátima Penedo Gaspar | 1000 | 0.0 | 8.0 | 9.5 | 0.0 | 0.0 | 0.0 | 0 | 0 |


