Que o noso querido amigo descanse en paz.
xoves, 16 de abril de 2026
Falecemento de Ernesto Pérez Ramil
Faleceu Ernesto Pérez Ramil, ex-alumno e gran impulsor do xadrez nos Dominicos. Principalmente grazas a el fundouse en 1983 o club de xadrez no colexio, que chegou a ser un referente no xadrez escolar de Galicia. Formou a innumerables xogadores ó longo da súa vida, moitos deles alumnado do colexio, e encargábase da organización dunha gran parte dos torneos celebrados na cidade da Coruña, incluídos os nosos, ata que desde hai uns meses unha enfermidade lle impedía acompañarnos presencialmente. Ernesto deixa unha fonda pegada no xadrez galego é, desde o Club Ludo, agardamos contribuír a manter o seu legado.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.