Así, en cada un dos venres de decembro, celebraremos unha destas probas. Todas elas serán competicións abertas a calquera persoa interesada no xadrez, sen necesidade de estar federado por non seren valedoiras para ELO. Xogaranse nunha única categoría, aínda que contamos con que a maior parte dos xogadores sexan escolares. A inscrición en todos eles será gratuíta grazas á axuda concedida polo Concello da Coruña.
Iremos variando os lugares e ritmos de xogo. Permanece atento á nosa web!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.