A súa vinculación coa cidade xorde da súa xestión política para que a Capitanía Xeral permanecese na Coruña, consolidando así o seu status administrativo. Por iso, en 1896, o Concello dedicoulle a que fora a praza principal da cidade: a Praza da Fariña (ou do Mercado). Nela instalouse posteriormente a Fonte do Desexo, que abastecía de auga á veciñanza da Cidade Vella.
E, como sempre, non queremos rematar esta pequena introdución agradecendo de novo ó Concello da Coruña o seu apoio que fai posible a celebración deste torneo.
*** TORNEO "XENERAL AZCÁRRAGA" ***
Data: 26 de decembro de 2025.
Lugar: Colexio Santo Domingo FESD, Praza de Santo Domingo, A Coruña
Ritmo: 15' + 10''
Horario:
Presentación: 16,45
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,50
3ª Rolda: 18,40
4ª Rolda: 19,30
5ª Rolda: 20,20
A entrega de trofeos realizarase ó finalizar (aprox. 21,10).
O emparellamento será realizado polo programa ChessManager.
Os xogadores poden solicitar os bye que desexen, avisando a organización antes do comenzo da rolda 1. Outorgaranse 0,5 puntos. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.
Criterios de desempate:
- Bucholz -1
- Bucholz
- Sonneborn-Berger
- Progresivo
- Enfrontamento particular
- Número de victorias
- Número de victorias con negras
Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados e para o mellor alumno/a do Colexio Santo Domingo FESD de A Coruña.
Todos os participantes recibirán unha medalla de recordo da actividade.
Os xogadores competirán nunha soa categoría e non só contra xogadores da súa idade.
*** *** ***
Inscrición:
Máximo 32 participantes.
A participación nos torneos é gratuíta.
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:
Advertencia 1: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.