domingo, 21 de decembro de 2025

Resultados TORNEO DE NADAL 2025

Este venres 19, ademáis do torneo "Pérez das Mariñas" que celebramos pola tarde, pasamos boa parte da mañá nun torneo interno para o alumnado de ESO e Bacharelato do Colexio Santo Domingo FESD. Aproveitamos o último día lectivo do primeiro trimestre para xuntar a 40 xogadores e xogadoras. Un récord de inscricións que demostra o crecente interese polo xadrez entre o alumnado!



A competición, organizada coa habitual ilusión do equipo directivo do centro, co apoio do Club Ludo e co material de xogo cedido polo Concello da Coruña, reuniu a rapaces e rapazas de diferentes cursos que loitaron por cada punto durante toda a mañá. Con partidas disputadísimas e moitos enfrontamentos de alto nivel, o torneo deixou momentos inesquecibles: remontadas heroicas, erros dramáticos no final e, sobre todo, moito compañeirismo fóra do taboleiro.

Antón C foi o gran dominador da xornada. Con autoridade e xogando un xadrez moi sólido, logrou 5 puntos de 5 posibles, impoñéndose en todas as súas partidas e coroándose campión absoluto do torneo. Unha actuación impecable que o coloca como referente do xadrez no colexio nestes momentos.

Moi preto quedou un nutrido grupo de cinco xogadores que acadaron os 4 puntos e que deron espectáculo ata o último movemento:

  • Sergio 3 ESO
  • Roque BACH
  • Adrián F
  • Alexandre 2 ESO
  • Andrés BACH
  • Luis BACH

A clasificación final tivo que resolverse cos criterios de desempate, o que reflicte o altísimo nivel e a igualdade entre os primeiros postos.

O xadrez segue medrando no colexio. Agardamos con moitas ganas o próximo torneo… quen sabe se antes de que remate o curso haberá revancha!


PosNomePtsBHC1BHSBPS
1Antón C5.013.514.514.515.0
2Sergio 3 ESO4.014.015.010.014.0
3Roque BACH4.014.015.010.013.0
4Adrian F4.012.515.512.511.0
5Alexandre 2 ESO4.012.514.510.512.0
6Andres BACH4.012.013.09.012.0
7Luis BACH4.011.012.09.012.0
8Mauro 3 ESO3.513.514.59.012.5
9Anton 4 ESO3.511.013.08.011.0
10Emil B3.016.018.010.012.0
11Imar BACH3.015.017.08.011.0
12Pepe L3.013.015.08.59.5
13Alvaro S3.012.514.57.09.0
14Jorge 3 ESO3.012.513.55.58.0
15Jacobo 4 ESO3.012.014.06.09.0
16Victor C3.011.012.05.08.0
17Isaac3.010.011.05.07.0
18Diego 4 ESO3.09.010.05.07.0
19Iker 2 ESO2.512.513.54.259.0
20Andres L2.511.512.54.255.5
21Martin A2.511.511.52.256.5
22Jorge BACH2.511.012.04.258.0
23Pedro 1 ESO2.013.013.03.08.0
24Iago C2.012.014.04.06.0
25Carlos B2.012.013.03.06.0
26Adrian BACH2.011.512.54.06.0
27Manu 4 ESO2.011.512.52.07.0
28Simon 2 ESO2.010.510.52.05.0
29Rodrigo H2.09.010.02.04.0
30Mauricio 3 ESO2.08.09.02.05.0
31Hector 4 ESO2.07.58.53.05.0
32Jacobo BACH2.07.58.52.04.0
33Adrian F1.012.514.52.05.0
34Sara M1.011.512.52.05.0
35Leo 2 ESO1.011.511.50.02.0
36Carlos L1.010.011.01.05.0
37Carlos G1.010.011.01.02.0
38Habacuc 1 ESO1.09.09.00.01.0
39Nathama 4 ESO1.08.09.01.02.0
40Diego 1 ESO0.07.58.50.00.0



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.