Como anunciamos hai unhas semanas, a nova misión do Club Ludo - Sociedade Deportiva é a promoción do xadrez no Colexio Santo Domingo de A Coruña - FESD. Para traballar mellor neste obxectivo, na reunión da Asamblea Xeral Extraordinaria de socios de onte 26 de setembro e por primeira vez na entidade, quedou nomeada a seguinte Xunta Directiva:
- Presidente: José Manuel Andión Fernández, antigo alumno entre 1990 e 2003
- Vicepresidenta: Fernanda Bouza Santiago, directora xeral do Colexio
- Secretaria: Laura Seoane Conde, nai de xogador e directora pedagóxica de Secundaria
- Tesoureira: Almudena Sánchez Taboada, coordinadora de Pastoral
- Vogal: Jacinto Fernández Sánchez, pai de xogador