O 19 de decembro tamén celebramos o Torneo "Pérez das Mariñas", en lembranza ó nobre galego do século XV protagonista na oposición á Revolta Irmandiña. Foi o terceiro dos torneos "Nadal na Cidade Vella" que podemos organizar grazas ó apoio do Concello da Coruña.
Sen embargo, e en contraste cos 40 xogadores do Torneo de Nadal 2025 que celebramos pola mañá entre o alumnado de ESO e Bacharelato do Colexio Santo Domingo FESD, a participación nesta ocasión foi moi reducida. Unha verdadera mágoa que ningún dos xogadores da mañá se animase a competir tamén pola tarde!
A clasificación final foi a seguinte:
1º Marcos Martínez
2º José Manuel Andión
3º Juan José Redondo
4º Félix García
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.