Pérez das Mariñas deixou disposto ser enterrado no Convento de Santo Domingo da Coruña. Lamentablemente, a súa sepultura non perdurou: o convento no que foi soterrado sufriu graves danos e foi finalmente derruído como consecuencia do ataque de Drake á cidade no ano 1589.
E, como sempre, non queremos rematar esta pequena introdución agradecendo de novo ó Concello da Coruña o seu apoio que fai posible a celebración deste torneo.
*** TORNEO "PÉREZ DAS MARIÑAS" ***
Data: 19 de decembro de 2025.
Lugar: Colexio Santo Domingo FESD, Praza de Santo Domingo, A Coruña
Ritmo: 10'+ 3''
Horario:
Presentación: 17,15
1ª Rolda: 17,30
2ª Rolda: 18,00
3ª Rolda: 18,30
4ª Rolda: 19,00
5ª Rolda: 19,30
A entrega de trofeos realizarase ó finalizar (aprox. 20,00).
O emparellamento será realizado polo programa ChessManager.
Os xogadores poden solicitar os bye que desexen, avisando a organización antes do comenzo da rolda 1. Outorgaranse 0,5 puntos. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.
Criterios de desempate:
- Bucholz -1
- Bucholz
- Sonneborn-Berger
- Progresivo
- Enfrontamento particular
- Número de victorias
- Número de victorias con negras
Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados e para o mellor alumno/a do Colexio Santo Domingo FESD de A Coruña.
Todos os participantes recibirán unha medalla de recordo da actividade.
Os xogadores competirán nunha soa categoría e non só contra xogadores da súa idade.
*** *** ***
Inscrición:
Máximo 32 participantes.
A participación nos torneos é gratuíta.
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:
Advertencia 1: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.