- https://info64.org/copa-gonzalez-march-2026-sub14
- https://info64.org/copa-gonzalez-march-2026-absoluto
mércores, 5 de agosto de 2026
Inscricións na COPA GONZÁLEZ MARCH 2026
martes, 28 de xullo de 2026
COPA GONZALEZ MARCH 2026
José González March ten o orgullo de ser a primeira persoa homenaxeada pola Federación Galega de Xadrez, segundo a acta do 21 de xaneiro de 1935. Aquela iniciativa, acollida con enorme entusiasmo por todos os asembleístas, recoñeceu a entrega incansable dun afeccionado que traballou polo taboleiro.
Malia os seus problemas de saúde, asistiu e colaborou en eventos federativos fóra da cidade herculina. Asumiu a tesouraría da Federación Galega e da Federación Española, deixando unha xestión exemplar. Grazas ao seu impulso organizáronse grandes festivais e A Coruña acadou tres grupos federados. Como deportista, foi un dos xogadores máis fortes do seu tempo, asinante de partidas de enorme mestría. Por todo este legado, a federación nomeouno socio de honra e entregoulle un álbum tributo asinado por toda a afección galega.
A súa pegada entronca cunha saga relevante na cidade: foi pai do escritor Miguel González Garcés (cun busto na Maestranza) e avó do ex-concelleiro Carlos González-Garcés.
Para poder levar a cabo este torneo de homenaxe, agardamos contar co apoio do Concello da Coruña.
BASES COPA GONZALEZ MARCH 2026
Organizan: Club Ludo – Sociedade Deportiva e Sporting Club Casino
Datas: Do 24 ó 28 de agosto de 2026
Local de xogo: Sporting Club Casino. Rúa Real, nº 83 – A Coruña.
TORNEO SUB14
Sistema e Ritmo:
• Xogarase por sistema suízo a cinco roldas.
• O ritmo será de 25' + 10''.
• Valedoiro para ELO FIDE rápido.
Horario:
• O primeiro día a presentación será ás 16,30.
• Horario das partidas: 17,00 horas.
• Os xogadores poden solicitar os bye que desexen, avisando á organización antes do comezo da rolda 1. Outorgaranse 0 puntos. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.
Criterios de Desempate:
1. Bucholz
2. Bucholz-1
3. Progresivo
4. Partidas gañadas
5. Resultado particular
6. Partidas xogadas con negras.
Criterios de Participación:
1. Será necesario contar con licenza federativa en vigor.
2. Reservado a xogadores menores de 14 anos.
3. Haberá un máximo de 32 participantes.
Premios:
• Trofeo para os 3 primeiros e para o 1º clasificado socio do Sporting Club Casino.
• Medalla para todos os participantes.
TORNEO ABSOLUTO
Sistema e Ritmo:
• Xogarase por sistema suízo a cinco roldas.
• O ritmo será de 60' + 30''.
• Valedoiro para ELO FIDE estándar.
Horario:
• O primeiro día a presentación será ás 18,00.
• Horario das partidas: 18,30 horas.
• Os xogadores poden solicitar os bye que desexen, avisando á organización antes do comezo da rolda 1. Outorgaranse 0 puntos. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.
Criterios de Desempate:
1. Bucholz
2. Bucholz-1
3. Progresivo
4. Partidas gañadas
5. Resultado particular
6. Partidas xogadas con negras.
Criterios de Participación:
1. Será necesario contar con licenza federativa en vigor.
2. Aberto a todas as idades, pero xogarase nunha única categoría.
3. Reservado a xogadores con ELO estándar menor que 2400 puntos (incluíndo xogadores sen ELO)
4. Haberá un máximo de 32 participantes.
Premios:
• 1º posto: Trofeo e 70 euros.
• 2º posto: Trofeo e 50 euros.
• 3º posto: Trofeo e 40 euros.
• 4º posto: 35 euros.
• 5º posto: 30 euros.
• 6º posto: 25 euros.
• 1º clasificado socio do Sporting Club Casino: Trofeo.
• Pequeno agasallo e medalla para todos os participantes.
INSCRICIÓNS:
• A cota do torneo sub14 será de 10 euros. A cota do torneo absoluto será de 15 euros. Para aqueles xogadores sub14 que participen nos dous torneos, a cota total para ambos será de 20 euros.
• Os socios do Sporting Club Casino e o alumnado do Colexio Santo Domingo FESD terán unha bonificación do 50 % sobre estas cotas.
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:
• O prazo permanecerá aberto ata o 22 de agosto ou ata que se complete a cabida prevista.
• Ata o día 5 de agosto terán preferencia na inscrición os socios do Sporting Club Casino.
O pago realizarase durante a primeira xornada de xogo.
CLAUSURA:
Horario para o torneo sub14: 18,30 horas aproximadamente.
Horario para o torneo absoluto: 21,30 horas aproximadamente.
É obrigatoria a presenza na cerimonia de clausura para recoller o premio.
Director do Copa: José Manuel Andión Fernández
Árbitro Principal: Francisco Javier García Veiras
Asistente: Marcos Martínez Ramos
As decisións tomadas polo árbitro principal serán inapelables.
Aspectos Varios:
A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.
Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.
En caso de xogadores que se inscriban e non asistan ou ben abandonen o torneo, a organización poderá vetar a súa participación en calquera outro torneo organizado polas entidades convocantes nos próximos dous anos.
A organización reservase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web www.clubludo.com
xoves, 18 de xuño de 2026
Inscricións no TORNEO MERINO 2026 – XXI LUDO LÓSTREGO
Lembramos que o vindeiro luns 22 ás 20:00 celebramos o TORNEO MERINO 2026 – XXI LUDO LÓSTREGO. Aquí podes consultar a listaxe de inscritos:
https://info64.org/torneo-merino-2026-xxi-ludo-lostrego
Aínda estás a tempo de apuntarte! Tes as bases, co formulario de inscrición, aquí! Anímate!
mércores, 10 de xuño de 2026
TORNEO MERINO 2026 – XXI LUDO LÓSTREGO
O Club Ludo - Sociedade Deportiva foi fundado o 21 de xuño de 2002. Esta mesma data coincide co nacemento, no ano 1939, de Domingos Merino, quen foi un dos xadrecistas máis destacados de Galicia e alcalde da cidade da Coruña.
Co obxectivo de conmemorar tanto a fundación da nosa sociedade coma o nacemento de Merino, o Club Ludo e a familia do homenaxeado promoven a celebración anual deste torneo en datas próximas ó 21 de xuño na Coruña. Deste xeito, a proba blitz, que foi a primeira das creadas pola nosa entidade, incorpora formalmente o apelido Merino na súa denominación desde 2023. Visto o bo resultado de participación de edicións anteriores, este ano o torneo seguirá sendo valedoiro para ELO FIDE blitz.
Tamén queremos expresar o noso sincero agradecemento ó Centro Comercial Los Rosales por permitirnos empregar as súas instalacións como local de xogo. Así mesmo, agardamos contar, aínda que de momento está pendente de confirmación definitiva, co apoio económico do Concello da Coruña.
*** BASES DO TORNEO MERINO 2026 - XXI LUDO LÓSTREGO ***
Data: Luns 22 de xuño de 2026.
Local de Xogo: Centro Comercial Los Rosales, 1ª Planta.
Sistema e Ritmo:
- Xogarase por sistema suízo a cinco roldas.
- O ritmo será de 5' + 3''.
- Valedoiro para ELO FIDE.
Horario:
- Presentación: A partir das 19,30
- 1ª Rolda: 20,00
- 2ª Rolda: 20,20
- 3ª Rolda: 20,40
- 4ª Rolda: 21,00
- 5ª Rolda: 21,20
- A entrega de trofeos realizarase ó finalizar.
Criterios de Desempate:
- Bucholz
- Bucholz-1
- Progresivo
- Partidas gañadas
- Resultado particular
- Partidas xogadas con negras.
Criterios de Participación:
- Será necesario contar con licenza federativa en vigor.
- Todos os xogadores competirán nunha única categoría.
- Haberá un máximo de 32 participantes.
Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados e para o mellor xogador alumno do Colexio Santo Domingo-FESD.
Inscricións:
A cota de participación é de 5 euros.
As inscricións realizaranse exclusivamente a través do formulario ligado:
Advertencia 1: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
Director do Torneo: José Manuel Andión Fernández
Árbitro do Torneo: Francisco Pedreira Giralda
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.
xoves, 16 de abril de 2026
Falecemento de Ernesto Pérez Ramil
Que o noso querido amigo descanse en paz.


