xoves, 24 de setembro de 2026

XXXII TORNEOS VIRXE DO ROSARIO

Como cada ano desde 1995, o xadrez volve ao Colexio Santo Domingo - FESD coas dúas modalidades dos Torneos do Rosario. O Club Ludo – Sociedade Deportiva ten o pracer de organizar de novo neste 2026 este torneo de referencia para o xadrez nas Mariñas, cunha cita que xa forma parte do calendario anual do xadrez coruñés. A cita será o mércores, 7 de outubro de 2026, no Colexio Santo Domingo - FESD de A Coruña.


🕐 Modalidade Lóstrego (Blitz)

Sistema: Suízo a 7 roldas
Ritmo de xogo: 5 minutos + 2 segundos de incremento por xogada
Participantes máximos: 32

🗓 Horario:

  • Presentación e inscrición: 10:30 h
  • Inicio da competición: 10:45 h (aproximadamente)
  • Fin previsto: 12:45 h

🏆 Premios:

  • Trofeo aos tres primeiros clasificados
  • Trofeo ao mellor alumno/a do colexio
  • Medallas para todos os participantes

Criterios de desempate — Lóstrego:

  1. Buchholz
  2. Buchholz-1
  3. Progresivo
  4. Partidas gañadas
  5. Resultado particular
  6. Partidas xogadas con negras

Criterios de participación:

  • Aberta a xogadores federados e non federados
  • Aberta a todas as idades e categorías
  • Máximo 32 participantes
  • Inscrición gratuíta

📜 Palmarés — Lóstrego:

Ano Campión/á
2025Jorge Rodríguez
2024José Sande
2023Luca Grygar
2016Francisco Pedreira

⚡ Modalidade Rápidas

Sistema: Suízo a 6 roldas
Ritmo de xogo: 10 minutos + 3 segundos de incremento por xogada
Participantes máximos: 32

🗓 Horario:

  • Presentación e inscrición: 16:00–16:20 h
  • Inicio da competición: 16:30 h
  • Fin previsto: 19:25 h

🏆 Premios:

  • Trofeo aos tres primeiros clasificados absolutos
  • Trofeo ao mellor senior (nado/a en 1970 ou anterior)
  • Trofeos por categorías: Sub-18, Sub-16, Sub-14, Sub-12, Sub-10, Sub-8
  • Trofeo ao mellor alumno/a do colexio
  • Medallas para todos os participantes

Criterios de desempate — Rápidas:

  1. Buchholz
  2. Buchholz-1
  3. Progresivo
  4. Partidas gañadas
  5. Resultado particular
  6. Partidas xogadas con negras

Criterios de participación:

  • Aberta a xogadores federados e non federados
  • Aberta a todas as idades e categorías
  • Máximo 32 participantes
  • Inscrición gratuíta

📜 Palmarés — Rápidas:

Ano Campión/á
2025Jorge Rodríguez
2024Alberto Sánchez
2023José Ángel Rodríguez
2022Jorge Rodríguez

📋 Inscrición

A inscrición é gratuíta e aberta. Podes formalizar a túa participación a través do seguinte formulario. O prazo de inscrición estará aberto ata cubrir a cabida máxima de 32 xogadores por modalidade.

📝 Inscribirse nos Torneos do Rosario 2026


📍 Local

Colexio Santo Domingo - FESD
Praza de Santo Domingo, A Coruña


👥 Organización

Director: José Manuel Andión Fernández
Árbitro : Marcos Javier Martínez Ramos


📌 Consideracións xerais

  • A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión do Club Ludo e do Colexio Santo Domingo - FESD.
  • Para todo o non especificado nestas bases, aplicarase o regulamento da FIDE e da Federación Galega de Xadrez.
  • A organización resérvase o dereito de modificar o número de roldas ou calquera outro aspecto do torneo en función do número de inscritos.
  • As incidencias non previstas serán resoltas polo director do torneo, cuxa decisión será inapelable.

mércores, 5 de agosto de 2026

Inscricións na COPA GONZÁLEZ MARCH 2026

Do 24 ó 28 de agosto imos celebrar a COPA GONZÁLEZ MARCH 2026. Vén de rematar o período de inscrición reservado ós socios do Sporting Club Casino, polo que xa a abrimos a todo o público. Podes consultar os xogadores inscritos en cada torneo en:As bases, xunto coa ligazón ó formulario de inscrición, están aquí! Anímate e participa!

martes, 28 de xullo de 2026

COPA GONZALEZ MARCH 2026

O Club Ludo – Sociedade Deportiva ten o pracer de organizar de novo neste 2026, en colaboración co Sporting Club Casino, a COPA GONZÁLEZ MARCH. Nela conmemórase a figura dun directivo histórico desta entidade coruñesa —actualmente radicada nos limiares da Cidade Vella— que estivo intensamente vinculado ó desenvolvemento do xadrez.

José González March ten o orgullo de ser a primeira persoa homenaxeada pola Federación Galega de Xadrez, segundo a acta do 21 de xaneiro de 1935. Aquela iniciativa, acollida con enorme entusiasmo por todos os asembleístas, recoñeceu a entrega incansable dun afeccionado que traballou polo taboleiro.

Malia os seus problemas de saúde, asistiu e colaborou en eventos federativos fóra da cidade herculina. Asumiu a tesouraría da Federación Galega e da Federación Española, deixando unha xestión exemplar. Grazas ao seu impulso organizáronse grandes festivais e A Coruña acadou tres grupos federados. Como deportista, foi un dos xogadores máis fortes do seu tempo, asinante de partidas de enorme mestría. Por todo este legado, a federación nomeouno socio de honra e entregoulle un álbum tributo asinado por toda a afección galega.

A súa pegada entronca cunha saga relevante na cidade: foi pai do escritor Miguel González Garcés (cun busto na Maestranza) e avó do ex-concelleiro Carlos González-Garcés.

Para poder levar a cabo este torneo de homenaxe, agardamos contar co apoio do Concello da Coruña.


BASES COPA GONZALEZ MARCH 2026


Organizan: Club Ludo – Sociedade Deportiva e Sporting Club Casino

Datas: Do 24 ó 28 de agosto de 2026

Local de xogo: Sporting Club Casino. Rúa Real, nº 83 – A Coruña. 


TORNEO SUB14

Sistema e Ritmo: 

• Xogarase por sistema suízo a cinco roldas.

• O ritmo será de 25' + 10''.

• Valedoiro para ELO FIDE rápido.

Horario: 

• O primeiro día a presentación será ás 16,30. 

• Horario das partidas: 17,00 horas.

• Os xogadores poden solicitar os bye que desexen, avisando á organización antes do comezo da rolda 1. Outorgaranse 0 puntos. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.

Criterios de Desempate:

1. Bucholz

2. Bucholz-1

3. Progresivo

4. Partidas gañadas

5. Resultado particular

6. Partidas xogadas con negras.

Criterios de Participación: 

1. Será necesario contar con licenza federativa en vigor. 

2. Reservado a xogadores menores de 14 anos.

3. Haberá un máximo de 32 participantes.

Premios: 

• Trofeo para os 3 primeiros e para o 1º clasificado socio do Sporting Club Casino.

• Medalla para todos os participantes.


TORNEO ABSOLUTO

Sistema e Ritmo: 

• Xogarase por sistema suízo a cinco roldas.

• O ritmo será de 60' + 30''.

• Valedoiro para ELO FIDE estándar.

Horario: 

• O primeiro día a presentación será ás 18,00. 

• Horario das partidas: 18,30 horas.

• Os xogadores poden solicitar os bye que desexen, avisando á organización antes do comezo da rolda 1. Outorgaranse 0 puntos. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.

Criterios de Desempate:

1. Bucholz

2. Bucholz-1

3. Progresivo

4. Partidas gañadas

5. Resultado particular

6. Partidas xogadas con negras.

Criterios de Participación: 

1. Será necesario contar con licenza federativa en vigor. 

2. Aberto a todas as idades, pero xogarase nunha única categoría.

3. Reservado a xogadores con ELO estándar menor que 2400 puntos (incluíndo xogadores sen ELO) 

4. Haberá un máximo de 32 participantes.

Premios: 

• 1º posto: Trofeo e 70 euros.

• 2º posto: Trofeo e 50 euros.

• 3º posto: Trofeo e 40 euros.

• 4º posto: 35 euros.

• 5º posto: 30 euros.

• 6º posto: 25 euros.

• 1º clasificado socio do Sporting Club Casino: Trofeo.

• Pequeno agasallo e medalla para todos os participantes.


INSCRICIÓNS:

• A cota do torneo sub14 será de 10 euros. A cota do torneo absoluto será de 15 euros. Para aqueles xogadores sub14 que participen nos dous torneos, a cota total para ambos será de 20 euros.

• Os socios do Sporting Club Casino e o alumnado do Colexio Santo Domingo FESD terán unha bonificación do 50 % sobre estas cotas.


A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

*** PREME AQUÍ ***

• O prazo permanecerá aberto ata o 22 de agosto ou ata que se complete a cabida prevista.

• Ata o día 5 de agosto terán preferencia na inscrición os socios do Sporting Club Casino.


O pago realizarase durante a primeira xornada de xogo.


CLAUSURA:

Horario para o torneo sub14: 18,30 horas aproximadamente. 

Horario para o torneo absoluto: 21,30 horas aproximadamente.

É obrigatoria a presenza na cerimonia de clausura para recoller o premio. 


Director do Copa: José Manuel Andión Fernández

Árbitro Principal: Francisco Javier García Veiras

Asistente: Marcos Martínez Ramos

As decisións tomadas polo árbitro principal serán inapelables. 


Aspectos Varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. 

En caso de xogadores que se inscriban e non asistan ou ben abandonen o torneo, a organización poderá vetar a súa participación en calquera outro torneo organizado polas entidades convocantes nos próximos dous anos.

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web www.clubludo.com