sábado, 26 de decembro de 2020

XADREZ 2020

XADREZ DE LUDO

Seguimos coas actividades de remate deste 2020. A actividade ten a condición de adestramento / partidas amigables federadas, polo que é obrigatorio contar coa licenza federativa de 2020.

ASPECTOS ESPECIAIS POLA COVID
Será de aplicación a normativa de prevención antiCOVID de adestramentos da Federación Galega de Xadrez. As seguintes normas tamén serán de aplicación en tanto complementan algunhas das anteriores e non as limitan. 
1. É obrigatorio levar posta unha máscara en todo momento. Non estará permitido comer ou beber na sala de xogo. 
2. É obrigatorio o uso do xel na entrada da sala. Así mesmo deberá usarse sempre que as mans entren en contacto con superficies non desinfectadas e especialmente tras tocar as pezas manipuladas anteriormente polo rival (no caso das capturas). Polo tanto cada xogador debe levar un frasco de xel.
3. Será obrigatorio o uso da alfombra desinfectante colocada á entrada sa Sala de Xogo.
4. Os xogadores non permanecerán na sala de xogo mais tempo do necesario para xogar a partida. Polo tanto non haberá análise posterior. Tampouco poderán pasear pola sala.
5. Os xogadores non deberán darse a man ao inicio ou fin da partida. 
6. Antes de entrar na sala medirase a temperatura dos participantes.
7. Os aspectos aqui expostos poden verse complementados, antes e durante o torneo co fin de garantir na medida do posible unha actividade segura.

SABADO 26 - XADREZ LOSTREGO.
LUNS 28 ÁS 20,00
1. Participantes.
Poderán participar nesta proba os xadrecistas que o desexen. Só haberá 12 prazas, polo que terán prioridade os socios de AGAX, que deberán contar con licenza federativa. 
Para aqueles que se fagan socios de AGAX para 2020-2021 entregaremos unha máscara con motivo de xadrez e un pequeno bote de xel hidroalcohólico.
2. Modalidade.
Xogaranse catro partidas en sistema suizo.
3. Ritmo de xogo.
Haberá 5 minutos de tempo por xogador. 
4. Lugar. 
Centro Comercial Los Rosales
5. Horario.
1ª Rolda: LUNS DENDE AS 20,00
19,30 / 2ª Rolda: 19,50 / 3ª Rolda: 20,10 / 4ª Rolda: 20,30 
Dentro da sala de xogo hai dous espazos diferenciados que alternaranse para facilitar a desinfeción do material de xogo.
6. Premios.
Pequeno trofeo para os tres primeiros clasificados.
SORTEO DE TRES VALES DE PIZZAMOVIL
7. Inscricións.
A inscrición é de balde.
Como en anos pasados solicitamos unha doazón de alimentos non perecedeiros.
(en anos anteriores ó destinatario foi o Banco de Alimentos https://www.facebook.com/balrial/posts/1522154844589289)

A ligazón de inscrición atópase mais abaixo.

DOMINGO 27 - XADREZ ACTIVO.

1. Participantes.

Poderán participar nesta proba os xadrecistas que o desexen. Só haberá 12 prazas, polo que terán prioridade os socios de AGAX, que deberán contar con licenza federativa. 
Para aqueles que se fagan socios de AGAX para 2020-2021 entregaremos unha máscara con motivo de xadrez e un pequeno bote de xel hidroalcohólico.
2. Modalidade.
Xogaranse catro partidas en sistema suizo.
3. Ritmo de xogo.
Haberá 20 minutos de tempo por xogador. 
4. Lugar. 
Centro Comercial Los Rosales
5. Horario.
1ª Rolda: 17,30 / 2ª Rolda: 18,15 / 3ª Rolda: 19,00 / 4ª Rolda: 19,45 
Dentro da sala de xogo hai dous espazos diferenciados que alternaranse para facilitar a desinfeción do material de xogo.
6. Premios.
Trofeo para os dous primeiros clasificados.
7. Inscricións.
A inscrición é de balde.
Como en anos pasados solicitamos unha doazón de alimentos non perecedeiros.
(en anos anteriores ó destinatario foi o Banco de Alimentos https://www.facebook.com/balrial/posts/1522154844589289)

A ligazón de inscrición atópase mais abaixo.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 

Advertencia 1: Os participantes (ou os seus titores) autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa aparición nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Os participantes recibirán un correo confirmando a inscrición co documento de aceptación de risco dacordo cos protocolos anti-COVID presentes na páxina da Federación Galega de Xadrez.

PREME PARA ANOTARSE

mércores, 2 de decembro de 2020

Actividades no nadal

Estes días remataremos o torneo que estamos a facer nas clases e promoveremos actividades que se realizan fora do Centro.

Os sábados de decembro temos a Liga Online sub12. O sábado pasado quedamos segundos con boa actuación dalgún dos nosos xogadores.

Faise a través de Lichess.org

É aconsellable que cada xogador cree unha conta (é de balde) e logo entre no equipo do colexio, dándolle á imaxe da esquerda. Cada semana terán que ir entrando na sala de xogo.

Ademais neste mes hai varias actividades presenciais noutros espazos (como o Centro Comercial Los Rosales). Son actividades moito mais pequenas que en pasados anos, mantendo protocolos anti-COVID. Os participantes deben estar federados. Como a licenza é por ano natural, agora mesmo dos asistentes ás clases poderían xogar Roque, os Xoans, Sergio, Alex e Andrés. E tamén os federados aínda que non vaian ás clases; Hugo, Santi e Victor. Os demais se quixeran xogar terían que pagar a licenza federativa do que queda deste ano (3 euros) antes de anotarse nas probas.

Nesta ponte hai actividades en Los Rosales organizadas polo club da Universidade... 

sábado, 11 de xaneiro de 2020

Historial dos Torneos de Xadrez

TORNEO DE RÁPIDAS / LOSTREGO

I TORNEO DE RÁPIDAS - 2006
GAÑADOR: Jorge Rodríguez
II TORNEO DE RÁPIDAS - 2007
GAÑADOR: Aleksa Strikovic
III TORNEO DE RÁPIDAS - 2008
GAÑADOR: Bruno Figueredo
IV TORNEO DE RÁPIDAS - 2009
GAÑADOR: Diego García-Muñoz
V TORNEO DE RÁPIDAS - 2010
GAÑADOR: Pablo Sánchez
VI TORNEO DE RÁPIDAS - 2011
GAÑADOR: José Sande
VII TORNEO DE RAPIDAS - 2012
GAÑADOR: José Sande
VIII TORNEO DE RAPIDAS - 2013
GAÑADOR: José Sande
IX TORNEO DE RÁPIDAS - 2014
GAÑADOR: Pablo Sánchez
X TORNEO DE RÁPIDAS - 2015
GAÑADOR: Santiago Domínguez
XI TORNEO DE RÁPIDAS - 2016
GAÑADOR: José María Dorado
XII TORNEO DE RÁPIDAS - 2017
GAÑADOR: José Ramón Gómez Torre
XIII TORNEO DE RÁPIDAS - 2018
GAÑADOR: Daniel Pousada
XIV TORNEO DE RÁPIDAS - 2019
GAÑADOR: Daniel Codesido
XV TORNEO DE RÁPIDAS - 2020
GAÑADOR: Rodrigo Pena
XVI TORNEO DE RÁPIDAS - 2021
GAÑADOR: Francisco Pedreira

TORNEO DE SEMIRRÁPIDAS / ACTIVO

I TORNEO DE SEMIRRÁPIDAS - 2008
GAÑADOR: Walter López
II TORNEO DE SEMIRRÁPIDAS - 2009
GAÑADOR: Pablo Sánchez
III TORNEO DE SEMIRRÁPIDAS - 2010
GAÑADOR: Pablo Sánchez
IV TORNEO DE SEMIRRÁPIDAS - 2011
GAÑADOR: Santiago Domínguez
V TORNEO DE SEMIRRAPIDAS - 2012
GAÑADOR: Walter López
VI TORNEO DE SEMIRRÁPIDAS - 2013
GAÑADOR: Oscar de Prado
VII TORNEO DE SEMIRRÁPIDAS - 2014
GAÑADOR: Ibragim Kamrakulov
GAÑADORA SUB14: Sabela Iglesias
VIII TORNEO DE SEMIRRÁPIDAS - 2015
GAÑADOR: Luis Medarde
GAÑADOR SUB14: Antonio Mallo
IX TORNEO DE SEMIRRÁPIDAS - 2016
GAÑADOR: Daniel Pousada
GAÑADOR VETERANS: Manuel Andión
GAÑADOR SUB14: Claudio Reboredo
GAÑADOR SUB12: Noa García-Muñoz
GAÑADOR SUB8: Nicolás Rivas
X TORNEO DE SEMIRRÁPIDAS - 2017
GAÑADOR: Santiago Domínguez
GAÑADOR SUB14: Claudio Reboredo
GAÑADOR SUB12: Daniel García
GAÑADOR SUB10: Alex Vázquez
GAÑADOR SUB8: David Visos
XI TORNEO DE SEMIRRÁPIDAS - 2018
GAÑADOR: José María Dorado
GAÑADOR SENIOR: Manuel Andión
GAÑADOR SUB14: José Manuel Fernández
GAÑADOR SUB12: Miguel Álvarez
GAÑADOR SUB10: Nicolás Rivas
GAÑADOR SUB8: Rubén Troiteiro
XII TORNEO DE SEMIRRÁPIDAS - 2019
GAÑADOR: Juan Luis Muñiz
GAÑADOR SENIOR: Jorge Humberto Barale
GAÑADOR SUB14: Andrés Fernández
GAÑADOR SUB12: Marcos Rial
GAÑADOR SUB10: Jorge Diez Quian
XIII TORNEO DE SEMIRRÁPIDAS - 2020
GAÑADOR: Brais Martínez