Hoxe publicamos tamén o Torneo a Ritmo Rápido do Rosario.
Este ano o torneo será o sábado 12. Valedeiro para ELO FIDE.
*** TORNEO ROSARIO RAPIDAS ***
Data: Sábado 12 de outubro de 2024.
Local de Xogo: Colexio Santo Domingo - FESD.
Ritmo: 15' + 3''.
Sistema: Suizo a 5 roldas.
Horario:
Presentación: A partir das 16,30 e ata 16,50
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,40
3ª Rolda: 18,20
4ª Rolda: 19,00
5ª Rolda: 19,40
A entrega de trofeos realizarase ó finalizar.
Requisitos:
Estar federado. Máximo 32 participantes.
Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados.Tamén haberá trofeo para o mellor senior (nado en 1969 ou anteriores), mellor sub18 (2006-2007), mellor sub16 (2008-2009), mellor sub14 (2010-2011), mellor sub12 (2012-2013), mellor sub10 (2014-2015) e mellor sub8 (2016 e seguintes).
Ademais haberá outro trofeo para o mellor xogador alumno do Colexio Santo Domingo-FESD.
Medalla para todos os participantes.
Inscricións:
A inscrición é de 5 euros.
As inscricións realizaranse exclusivamente a través do formulario ligado:
No formulario pódese anotar tamén para o Torneo Ludo Lóstrego que se celebra o venres 4.
PREME PARA INSCRIBIRSE
Advertencia 1: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.
CAMPIÓNS PREVIOS
(Estamos tentando facer un historial como nos Torneos Ludo)
2023: José Ángel Rodríguez
2022: Jorge Rodríguez
2021: Rodrigo Pena
2019: Sindo Rocha
2018: José Fernández
2017: Manuel Esteve
2016: Santiago Domínguez
2014: Aleksa Strikovic
2013: Ibragim Khamrakulov
2012: Aleksa Strikovic
2011: José Sande