O primeiro dos torneos "Nadal na Cidade Vella" lembra a Santo Domingo de Guzmán, fundador da Orde de Predicadores (popularmente máis coñecida como Dominicos). Naceu en Caleruega (Burgos) en 1170 e, despois unha estadía no sudeste francés, estableceu en 1215 a primeira casa da Orde en Tolosa. A predicación do Evanxeo é a misión principal dos Dominicos, considerando tamén o estudo como unha ferramenta esencial previa á predicación. Santo Domingo faleceu en 1221 no convento de Bolonia, onde foi enterrado. Foi canonizado en 1234 polo Papa Gregorio IX.
Os Dominicos chegaron á Coruña entre 1244 e 1273, establecéndose preto da "Porta de Aires" fóra das murallas. En 1589 o antigo convento foi destruido no ataque de Francis Drake e a súa armada á cidade. En 1596 comezou a construción dun novo convento na ubicación actual. En 1955 iniciaronse as actividades do Colexio Santo Domingo, que desde o curso 2007-2008 está incorporado á Fundación Educativa Santo Domingo (FESD).
Este torneo en lembranza de Santo Domingo será tamén a XVIII edición do Torneo Club Ludo, que levamos celebrando ininterrumpidamente desde 2008. Aquí podes consultar o seu historial.
E non queremos rematar esta pequena introdución agradecendo de novo ó Concello da Coruña o seu apoio que fai posible a celebración deste torneo.
*** TORNEO "SANTO DOMINGO" - XVIII CLUB LUDO ***
Data: 5 de decembro de 2025.
Lugar: Colexio Santo Domingo FESD, Praza de Santo Domingo, A Coruña
Ritmo: 10'+ 5''
Horario:
Presentación: 17,30
Acendido das luces da fachada do Colexio: 17,45
1ª Rolda: 18,00
2ª Rolda: 18,30
3ª Rolda: 19,00
4ª Rolda: 19,30
5ª Rolda: 20,00
A entrega de trofeos realizarase ó finalizar (aprox. 20,30).
O emparellamento será realizado polo programa ChessManager.
Os xogadores poden solicitar os bye que desexen, avisando a organización antes do comenzo da rolda 1. Outorgaranse 0,5 puntos. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.
Criterios de desempate:
- Enfrontamento particular
- Número de partidas xogadas
- Bucholz -1
- Bucholz
- Progresivo
Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados.
Todos os participantes recibirán unha medalla de recordo da actividade.
Os xogadores competirán nunha soa categoría e non só contra xogadores da súa idade.
*** *** ***
Inscrición:
Máximo 32 participantes. Terán preferencia na inscrición ata o día 2 de decembro o alumnado do Colexio Santo Domingo-FESD.
A participación nos torneos é gratuíta.
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:
Advertencia 1: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.