sábado, 27 de decembro de 2025

Resultados TORNEO "XENERAL AZCÁRRAGA"

O Torneo Xeneral Azcárraga celebrouse o pasado 26 de decembro de 2025 no Colexio Santo Domingo FESD. Foi o cuarto e último evento da serie "Nadal na Cidade Vella", organizada polo Club Ludo co apoio do Concello da Coruña

Clasificación final (tras 5 roldas)

  1. Arangüena Laffon, Jaime – 5.0 puntos (Buchholz -1: 12.0 | BH: 12.5) → Campión absoluto Dominou de principio a fin cun impecable pleno de 5 victorias.
  2. Soto Paíno, Iago – 4.0 puntos (BH: 12.5)
  3. Rodríguez González, Pablo – 3.0 puntos (BH: 14.5)
  4. Sande Seoane, Roque – 3.0 puntos (BH: 11.0)
  5. Redondo Lago, Juan José – 2.0 puntos (BH: 14.5)
  6. Andión Muinelo, Manuel – 2.0 puntos (BH: 10.0)
  7. Romero Cela, Xurxo – 0.5 puntos (BH: 12.5)
  8. Soto Ríos, Antón – 0.5 puntos (BH: 12.5)

(en ChessManager)

Parabéns a Jaime Arangüena pola súa clara e merecida vitoria, a Roque Sande por ser o mellor xogador alumno do Colexio Santo Domingo FESD e ao resto de xogadores pola participación e loita. E queremos rematar agradecendo ao Concello da Coruña por apoiarnos nestes torneos que manteñen vivo o xadrez de base na Coruña durante as vacacións de Nadal: un peche perfecto para o 2025 nun marco tan bonito como a Cidade Vella.




Máis fotos no noso Facebook!


luns, 22 de decembro de 2025

TORNEO "XENERAL AZCÁRRAGA"

Este cuarto e último dos torneos "Nadal na Cidade Vella" recorda a historia do Xeneral Azcárraga. Marcelo Azcárraga Palmero (1832–1915), o único xefe de goberno español nado nas Filipinas, foi un destacado militar e unha figura clave da Restauración. Como aliado indispensable de Cánovas no Partido Conservador, presidiu o Consello de Ministros en tres ocasións, actuando sempre como un líder pragmático e conciliador nos momentos de crise da monarquía.

A súa vinculación coa cidade xorde da súa xestión política para que a Capitanía Xeral permanecese na Coruña, consolidando así o seu status administrativo. Por iso, en 1896, o Concello dedicoulle a que fora a praza principal da cidade: a Praza da Fariña (ou do Mercado). Nela instalouse posteriormente a Fonte do Desexo, que abastecía de auga á veciñanza da Cidade Vella.

Tamén queremos destacar a súa pertenza á familia dominicana por ter estudiado Dereito na Universidade de Santo Tomás, recoñecida como a universidade asiática máis antiga que continua en funcionamento.

E, como sempre, non queremos rematar esta pequena introdución agradecendo de novo ó Concello da Coruña o seu apoio que fai posible a celebración deste torneo.


*** TORNEO "XENERAL AZCÁRRAGA" ***


Data: 26 de decembro de 2025.


Lugar: Colexio Santo Domingo FESD, Praza de Santo Domingo, A Coruña


Ritmo: 15' + 10''


Horario:

Presentación: 16,45

1ª Rolda: 17,00

2ª Rolda: 17,50

3ª Rolda: 18,40

4ª Rolda: 19,30

5ª Rolda: 20,20

A entrega de trofeos realizarase ó finalizar (aprox. 21,10).


O emparellamento será realizado polo programa ChessManager.


Os xogadores poden solicitar os bye que desexen, avisando a organización antes do comenzo da rolda 1. Outorgaranse 0,5 puntos. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.


Criterios de desempate:

  1. Bucholz -1
  2. Bucholz
  3. Sonneborn-Berger
  4. Progresivo
  5. Enfrontamento particular
  6. Número de victorias
  7. Número de victorias con negras


Premios:

Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados e para o mellor alumno/a do Colexio Santo Domingo FESD de A Coruña.

Todos os participantes recibirán unha medalla de recordo da actividade.


Os xogadores competirán nunha soa categoría e non só contra xogadores da súa idade.


***   ***   ***


Inscrición:


Máximo 32 participantes. 

A participación nos torneos é gratuíta. 

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:


PREME AQUÍ PARA INSCRIBIRTE


Advertencia 1:  Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.


Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.


A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

domingo, 21 de decembro de 2025

Resultados TORNEO DE NADAL 2025

Este venres 19, ademáis do torneo "Pérez das Mariñas" que celebramos pola tarde, pasamos boa parte da mañá nun torneo interno para o alumnado de ESO e Bacharelato do Colexio Santo Domingo FESD. Aproveitamos o último día lectivo do primeiro trimestre para xuntar a 40 xogadores e xogadoras. Un récord de inscricións que demostra o crecente interese polo xadrez entre o alumnado!



A competición, organizada coa habitual ilusión do equipo directivo do centro, co apoio do Club Ludo e co material de xogo cedido polo Concello da Coruña, reuniu a rapaces e rapazas de diferentes cursos que loitaron por cada punto durante toda a mañá. Con partidas disputadísimas e moitos enfrontamentos de alto nivel, o torneo deixou momentos inesquecibles: remontadas heroicas, erros dramáticos no final e, sobre todo, moito compañeirismo fóra do taboleiro.

Antón C foi o gran dominador da xornada. Con autoridade e xogando un xadrez moi sólido, logrou 5 puntos de 5 posibles, impoñéndose en todas as súas partidas e coroándose campión absoluto do torneo. Unha actuación impecable que o coloca como referente do xadrez no colexio nestes momentos.

Moi preto quedou un nutrido grupo de cinco xogadores que acadaron os 4 puntos e que deron espectáculo ata o último movemento:

  • Sergio 3 ESO
  • Roque BACH
  • Adrián F
  • Alexandre 2 ESO
  • Andrés BACH
  • Luis BACH

A clasificación final tivo que resolverse cos criterios de desempate, o que reflicte o altísimo nivel e a igualdade entre os primeiros postos.

O xadrez segue medrando no colexio. Agardamos con moitas ganas o próximo torneo… quen sabe se antes de que remate o curso haberá revancha!


PosNomePtsBHC1BHSBPS
1Antón C5.013.514.514.515.0
2Sergio 3 ESO4.014.015.010.014.0
3Roque BACH4.014.015.010.013.0
4Adrian F4.012.515.512.511.0
5Alexandre 2 ESO4.012.514.510.512.0
6Andres BACH4.012.013.09.012.0
7Luis BACH4.011.012.09.012.0
8Mauro 3 ESO3.513.514.59.012.5
9Anton 4 ESO3.511.013.08.011.0
10Emil B3.016.018.010.012.0
11Imar BACH3.015.017.08.011.0
12Pepe L3.013.015.08.59.5
13Alvaro S3.012.514.57.09.0
14Jorge 3 ESO3.012.513.55.58.0
15Jacobo 4 ESO3.012.014.06.09.0
16Victor C3.011.012.05.08.0
17Isaac3.010.011.05.07.0
18Diego 4 ESO3.09.010.05.07.0
19Iker 2 ESO2.512.513.54.259.0
20Andres L2.511.512.54.255.5
21Martin A2.511.511.52.256.5
22Jorge BACH2.511.012.04.258.0
23Pedro 1 ESO2.013.013.03.08.0
24Iago C2.012.014.04.06.0
25Carlos B2.012.013.03.06.0
26Adrian BACH2.011.512.54.06.0
27Manu 4 ESO2.011.512.52.07.0
28Simon 2 ESO2.010.510.52.05.0
29Rodrigo H2.09.010.02.04.0
30Mauricio 3 ESO2.08.09.02.05.0
31Hector 4 ESO2.07.58.53.05.0
32Jacobo BACH2.07.58.52.04.0
33Adrian F1.012.514.52.05.0
34Sara M1.011.512.52.05.0
35Leo 2 ESO1.011.511.50.02.0
36Carlos L1.010.011.01.05.0
37Carlos G1.010.011.01.02.0
38Habacuc 1 ESO1.09.09.00.01.0
39Nathama 4 ESO1.08.09.01.02.0
40Diego 1 ESO0.07.58.50.00.0



Resultados TORNEO "PÉREZ DAS MARIÑAS"

O 19 de decembro tamén celebramos o Torneo "Pérez das Mariñas", en lembranza ó nobre galego do século XV protagonista na oposición á Revolta Irmandiña. Foi o terceiro dos torneos "Nadal na Cidade Vella" que podemos organizar grazas ó apoio do Concello da Coruña.

Sen embargo, e en contraste cos 40 xogadores do Torneo de Nadal 2025 que celebramos pola mañá entre o alumnado de ESO e Bacharelato do Colexio Santo Domingo FESD, a participación nesta ocasión foi moi reducida. Unha verdadera mágoa que ningún dos xogadores da mañá se animase a competir tamén pola tarde!

A clasificación final foi a seguinte:

1º Marcos Martínez

2º José Manuel Andión 

3º Juan José Redondo

4º Félix García




luns, 15 de decembro de 2025

TORNEO "PÉREZ DAS MARIÑAS"

Este terceiro dos torneos "Nadal na Cidade Vella" quere manter vivo o recordo de Gómez Pérez das Mariñas I. Este nobre galego foi unha figura de gran influencia na corte de Xoán II e Henrique IV no século XV, destacando como gobernador de Betanzos e defensor da Coruña. A súa oposición á Revolta Irmandiña e a defensa dos seus intereses nobiliarios fíxoo unirse en 1469 á coalición de grandes señores liderada por Pedro Madruga (Pedro Álvarez de Soutomaior). Se queres saber máis animámoste a visitar o espazo web www.irmandiños.org onde a asociación INCUDE recolle moita máis información e presenta o seu xogo de mesa.   

Pérez das Mariñas deixou disposto ser enterrado no Convento de Santo Domingo da Coruña. Lamentablemente, a súa sepultura non perdurou: o convento no que foi soterrado sufriu graves danos e foi finalmente derruído como consecuencia do ataque de Drake á cidade no ano 1589.

E, como sempre, non queremos rematar esta pequena introdución agradecendo de novo ó Concello da Coruña o seu apoio que fai posible a celebración deste torneo.


*** TORNEO "PÉREZ DAS MARIÑAS" ***


Data: 19 de decembro de 2025.


Lugar: Colexio Santo Domingo FESD, Praza de Santo Domingo, A Coruña


Ritmo: 10'+ 3''


Horario:

Presentación: 17,15

1ª Rolda: 17,30

2ª Rolda: 18,00

3ª Rolda: 18,30

4ª Rolda: 19,00

5ª Rolda: 19,30

A entrega de trofeos realizarase ó finalizar (aprox. 20,00).


O emparellamento será realizado polo programa ChessManager.


Os xogadores poden solicitar os bye que desexen, avisando a organización antes do comenzo da rolda 1. Outorgaranse 0,5 puntos. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.


Criterios de desempate:

  1. Bucholz -1
  2. Bucholz
  3. Sonneborn-Berger
  4. Progresivo
  5. Enfrontamento particular
  6. Número de victorias
  7. Número de victorias con negras


Premios:

Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados e para o mellor alumno/a do Colexio Santo Domingo FESD de A Coruña.

Todos os participantes recibirán unha medalla de recordo da actividade.


Os xogadores competirán nunha soa categoría e non só contra xogadores da súa idade.


***   ***   ***


Inscrición:


Máximo 32 participantes. 

A participación nos torneos é gratuíta. 

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:


PREME AQUÍ PARA INSCRIBIRTE


Advertencia 1:  Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.


Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.


A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

domingo, 14 de decembro de 2025

Resultados TORNEO "CIDADE VELLA"

O pasado venres 12 de decembro de 2025, o Centro Cívico da Cidade Vella transformouse no escenario dunha vibrante xornada de xadrez. Organizado polo Club Ludo co apoio do Concello da Coruña, o Torneo "Cidade Vella" reuniu a afeccionados e xogadores locais nun ambiente de deportividade e estratexia.

Jorge Rodríguez Guillén impón a súa lei

A competición, que se disputou baixo un ritmo de xogo de 5 minutos máis 3 segundos de incremento por xogada, tivo un claro dominador. Jorge Rodríguez Guillén amosou un nivel intratable ao facerse coa vitoria final cunha puntuación perfecta de 5 puntos en 5 roldas. O seu xogo preciso non deu opción aos rivais, asegurándolle o primeiro posto en solitario na clasificación final.

Un podio moi disputado

O segundo caixón do podio ocupouno José Luis Castelo Ramos, quen asinou un gran torneo sumando 3,5 puntos. A loita polo terceiro posto foi unha das máis emocionantes da tarde, xa que ata tres xogadores remataron empatados a 3 puntos. Finalmente, os criterios de desempate decidiron a clasificación final a favor de Juan José Redondo Lago, quen completou o podio.

Clasificación Final Completa

PostoXogadorPuntosBuchholz-1
Jorge Rodriguez Guillen

5

8.0

Jose Luis Castelo Ramos

3.5

8.5

Juan José Redondo Lago

3

9.0

Marcos Martinez Ramos

3

8.0

Esteban Fidalgo

3

7.5

Jose Manuel Andion Fernandez

2.5

8.0

Jesús Losada Ballestero

8.0

Lin Rowan

2

5.5

Paulo Valerio Arias

1

7.5

10ºPablo Ramirez Carames

0

7.0

Máis que unha competición

Ademais dos trofeos para os tres primeiros clasificados, todos os participantes recibiron unha medalla de recordo como recoñecemento ao seu esforzo. O evento tamén destacou polo seu carácter inclusivo, permitindo que xogadores de diferentes idades e niveis compartiran taboleiro.

Desde o Club Ludo queremos agradecer de novo ao Concello da Coruña por facilitar a celebración destas actividades que dinamizan a nosa Cidade Vella e seguen fomentando a paixón polo xadrez.

Grazas a todos por participar e vémonos no próximo torneo!




Máis fotos no noso Facebook!

martes, 9 de decembro de 2025

TORNEO "CIDADE VELLA"

O segundo dos torneos desde Nadal está dedicado á Cidade Vella no seu conxunto. Tamén coñecida como Cidade Alta, constitúe o núcleo histórico, nobre e orixinario da Coruña, caracterizado polo seu trazado medieval irregular e un rico patrimonio monumental declarado Conxunto Histórico-Artístico. Antigamente protexida por murallas defensivas, das que só quedan algúns restos, esta área alberga xoias arquitectónicas relixiosas e civís que testemuñan a súa importancia como antigo centro administrativo, militar e relixioso.

Imos celebrar o torneo no Centro Cívico Cidade Vella, que ocupa o Palacio da Veeduría. Non hai demasiada información anterior a 1640, pero puido servir de aloxamento ó emperador Carlos I na súa estadía na cidade. Nese ano pasou a mans da Real Facenda, e consolidou a súa fisionomía urbana e importancia administrativa durante o século XVIII grazas ás reformas de Antonio de Gaver para aloxar a Intendencia, sendo posteriormente actualizado en 1902 polo enxeñeiro Arias Sanjurjo para acoller as oficinas do Goberno Militar. 

E non queremos rematar esta pequena introdución agradecendo de novo ó Concello da Coruña o seu apoio que fai posible a celebración deste torneo.


*** TORNEO "CIDADE VELLA" ***


Data: 12 de decembro de 2025.


Lugar: Centro Cívico Cidade Vella, rúa Veeduría nº 2, A Coruña


Ritmo: 5'+ 3''


Horario:

Presentación: 17,15

1ª Rolda: 17,30

2ª Rolda: 17,50

3ª Rolda: 18,10

4ª Rolda: 18,30

5ª Rolda: 18,50

6ª Rolda: 19,10

A entrega de trofeos realizarase ó finalizar (aprox. 19,30).


O emparellamento será realizado polo programa SwissPerfect.


Os xogadores poden solicitar os bye que desexen, avisando a organización antes do comenzo da rolda 1. Outorgaranse 0,5 puntos. Os bye por imposibilidade de emparellamento serán de 1 punto.


Criterios de desempate:

  1. Bucholz -1
  2. Bucholz
  3. Sonneborn-Berger
  4. Progresivo
  5. Enfrontamento particular
  6. Número de victorias
  7. Número de victorias con negras


Premios:

Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados e para o mellor alumno/a do Colexio Santo Domingo FESD de A Coruña.

Todos os participantes recibirán unha medalla de recordo da actividade.


Os xogadores competirán nunha soa categoría e non só contra xogadores da súa idade.


***   ***   ***


Inscrición:


Máximo 32 participantes. 

A participación nos torneos é gratuíta. 

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:


PREME AQUÍ PARA INSCRIBIRTE


Advertencia 1:  Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.


Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.


A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

domingo, 7 de decembro de 2025

Resultados TORNEO "SANTO DOMINGO" - XVIII CLUB LUDO

O pasado venres 5 de decembro celebramos o primeiro dos torneos do "Nadal na Cidade Vella" grazas o apoio do Concello da Coruña. O primeiro dos homenaxeados foi Santo Domingo de Guzmán, fundador da Orde de Predicadores. Ademais este torneo foi a XVIII edición do Torneo Club Ludo, e Marco Marcote incorporase ó longo palmarés dos seus gañadores. Foi seguido na clasificación por Gonzalo López e José Aba.


Apellidos, NombreRatingPts
1.Marcote Gonzalez, Marco18385.0
2.Lopez Vazquez, Gonzalo16064.0
3.Aba Varela, Jose17443.0
4.Castro Vazquez, Anton14202.5
5.Garcia Fernandez, Felix15512.0
6.Miguel Castro Torre10002.0
7.Insua Scortegagna, Iker14391.0
8.Penedo Gaspar, Diego1.0
9.Insua Lopez, Santiago1.0
10.Andion Fernandez, Jose Manuel15060.0
11.Fátima Penedo Gaspar10000.0



Máis fotos no noso Facebook!


Historial do Torneo: 

I TORNEO - 2008
GAÑADOR: Walter López
II TORNEO - 2009
GAÑADOR: Pablo Sánchez
III TORNEO - 2010
GAÑADOR: Pablo Sánchez
IV TORNEO - 2011
GAÑADOR: Santiago Domínguez
V TORNEO - 2012
GAÑADOR: Walter López
VI TORNEO - 2013
GAÑADOR: Oscar de Prado
VII TORNEO - 2014
GAÑADOR: Ibragim Kamrakulov
GAÑADORA SUB14: Sabela Iglesias
VIII TORNEO - 2015
GAÑADOR: Luis Medarde
GAÑADOR SUB14: Antonio Mallo
IX TORNEO - 2016
GAÑADOR: Daniel Pousada
GAÑADOR VETERANS: Manuel Andión
GAÑADOR SUB14: Claudio Reboredo
GAÑADOR SUB12: Noa García-Muñoz
GAÑADOR SUB8: Nicolás Rivas
X TORNEO - 2017
GAÑADOR: Santiago Domínguez
GAÑADOR SUB14: Claudio Reboredo
GAÑADOR SUB12: Daniel García
GAÑADOR SUB10: Alex Vázquez
GAÑADOR SUB8: David Visos
XI TORNEO - 2018
GAÑADOR: José María Dorado
GAÑADOR SENIOR: Manuel Andión
GAÑADOR SUB14: José Manuel Fernández
GAÑADOR SUB12: Miguel Álvarez
GAÑADOR SUB10: Nicolás Rivas
GAÑADOR SUB8: Rubén Troiteiro
XII TORNEO - 2019
GAÑADOR: Juan Luis Muñiz
GAÑADOR SENIOR: Jorge Humberto Barale
GAÑADOR SUB14: Andrés Fernández
GAÑADOR SUB12: Marcos Rial
GAÑADOR SUB10: Jorge Diez Quian
XIII TORNEO - 2020
GAÑADOR: Brais Martínez
XIV TORNEO - 2021
GAÑADOR: José Fernández Otero
XV TORNEO - 2022
GAÑADOR: Rodrigo Pena
XVI TORNEO - 2023
GAÑADOR: Juan Carlos Rodríguez
XVII TORNEO - 2024
GAÑADOR: Jorge Martí
XVIII TORNEO - 2025
GAÑADOR: Marco Marcote