martes, 3 de outubro de 2023

XXIX TORNEO DE XADREZ DO ROSARIO

O Torneo do Rosario vivirá neste 2023 un cambio con respecto ós últimos anos. A nova actividade do Club Ludo fai que este torneo, así como os torneos propios de Ludo, deixen de estar organizados pola Asociación Galega de Xadrecistas e sexan levados directamente pola nosa entidade, coa colaboración organizativa do Colexio Santo Domingo-FESD e o apoio económico da Deputación da Coruña

Nome do Torneo: XXIX TORNEO DO ROSARIO

Datas: 6 e 7 de outubro de 2023.

Lugar:  Colexio Santo Domingo-FESD. Praza de Santo Domingo - A Coruña.

*** TORNEO LÓSTREGO. VENRES 6 ***

Ritmo: 5 minutos finish.

Horario:
Presentación: 19,15
1ª Rolda: 19,30
2ª Rolda: 19,40
3ª Rolda: 19,50
4ª Rolda: 20,00
5ª Rolda: 20,10
A entrega de trofeos realizarase ó finalizar.

Requisitos:
Estar federado ou ser alumno do Colexio Santo Domingo-FESD. Máximo 32 participantes. Terán preferencia na inscrición ata as 14,00 horas do xoves 5 o alumnado do colexio.

Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados e para o mellor xogador alumno do Colexio Santo Domingo-FESD.

*** TORNEO RÁPIDO. SÁBADO 7 ***

Ritmo: 15'+ 3''

Horario:
Presentación: 16,45
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,30
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,30
5ª Rolda: 19,00
6ª Rolda (só en caso de mais de 32 xogadores): 19,30
A entrega de trofeos realizarase ó finalizar.

Requisitos:
Estar federado. 
Aqueles xogadores non federados poden contactar no whatsapp 654 60 37 16 para informarse das opcións para federarse.
Máximo 64 participantes. Terán preferencia na inscrición ata as 14,00 horas do xoves 5 o alumnado do colexio.

Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados na categoría absoluta e para o mellor clasificado na categoría senior (nados en 1968 ou anteriores), Sub18 (nados en 2005 e 2006), Sub16 (nados en 2007 e 2008), Sub14 (nados en 2009 e 2010), Sub 12 (nados en 2011 e 2012), Sub10 (nados en 2013 e 2014) e Sub8 (nados en 2015 ou seguintes). Ademais haberá un trofeo para o mellor alumno do Colexio Santo Domingo-FESD. Todos recibirán unha medalla de recordo da actividade.

Os xogadores competirán nunha soa categoría e non só contra xogadores da súa idade.

***   ***   ***

Inscricións:
Este ano a inscrición vai consistir en 1 kilo de pasta ou arroz en cada un dos dous torneos. 
As inscricións realizaranse exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1:  Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.