luns, 9 de outubro de 2023

Torneos Club Ludo

Tras os Torneos do Rosario veñen nas próximas fins de semana tres accións distintas; o Torneo Ludo Lóstrego (próximo venres), o Torneo Ludo Activo (sábado 21) e o Campionato de Colexios (que será o sábado 28). Todas estas accións terán lugar no Colexio Santo Domingo-FESD co apoio económico da Deputación da Coruña


*** XVIII TORNEO LUDO LÓSTREGO ***

Data: 13 de outubro de 2023.

Ritmo: 5 minutos finish.

Horario:
Presentación: 19,20
1ª Rolda: 19,30
2ª Rolda: 19,40
3ª Rolda: 19,50
4ª Rolda: 20,00
5ª Rolda: 20,10
A entrega de trofeos realizarase ao finalizar.

Requisitos:
Estar federado ou ser alumno do Colexio Santo Domingo-FESD. Máximo 32 participantes. Terán preferencia na inscrición ata as 14,00 horas do xoves 12 o alumnado do colexio.

Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados e para o mellor xogador alumno do Colexio Santo Domingo-FESD.


*** XVI TORNEO LUDO - VALEDEIRO PARA ELO FIDE ***

Data: 21 de outubro de 2023.

Ritmo: 15'+ 3''

Horario:
Presentación: 16,45
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,40
3ª Rolda: 18,20
4ª Rolda: 19,00
5ª Rolda: 19,40
A entrega de trofeos realizarase ó finalizar (aprox. 20,20).

Ao ser torneo evaluado, o emparellamento será realizado polo programa VEGA e publicado en info64:

Requisitos:
Estar federado. 
Aqueles xogadores non federados poden contactar no whatsapp 654 60 37 16 para informarse das opcións para federarse.
Máximo 32 participantes. Terán preferencia na inscrición ata as 14,00 horas do xoves 19 o alumnado do colexio. 

Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados na categoría absoluta e para o mellor alumno do colexio.
Todos recibirán unha medalla de recordo da actividade.

Os xogadores competirán nunha soa categoría e non só contra xogadores da súa idade.

***   ***   ***

Inscricións:
Este ano a inscrición vai consistir en 1 kilo de pasta ou arroz en cada un dos dous torneos. 
As inscricións realizaranse exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1:  Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.