venres, 20 de outubro de 2023

Torneo por colexios

Finalizando o mes especial co motivo dos 40 anos de xadrez no Colexio Santo Domingo-FESD, imos organizar unha competición por equipos de colexios co apoio da Deputación da Coruña

A nosa intención é que desde 2024 a actividade se desenvolva nos primeiros meses do ano, como preparación ao Campionato de España de Colexios.


BASES DA PROBA

DATA CELEBRACIÓN: Sábado 28 de outubro de 2023.

HORARIO:

Presentación ás 16,00. Partidas ás 16,30/17,10/17,50/18,30/19,10/19,50. Clausura ás 20,30.

No caso de ser necesarias só 5 roldas o horario sería:

Presentación ás 16,30. Partidas ás 17,00/17,40/18,20/19,00/19,40. Clausura ás 20,20

LOCAL DE XOGO: Colexio Santo Domingo – Praza de Santo Domingo – A Coruña.

PARTICIPANTES: Poderán participar equipos formados por xogadores do mesmo colexio e que naceran en 2011 ou posteriores. Os equipos poderán ser dun máximo de 5 xogadores e en cada rolda xogarán 4. Un mesmo centro poderá inscribir un ou dous equipos. Solicitamos xogar co uniforme ou chándal do colexio.

Por temas de seguros será obrigatorio estar federado ou achegar coa inscrición certificado do colexio de estar cuberta a saída por póliza propia. 

RITMO DE XOGO: 

Partidas a 15 minutos + 3 segundos de incremento.

Non se concederá tempo nas xogadas ilegais. Perderase a partida con dúas xogadas ilegais.

SISTEMA: 

Sen saber a resposta a esta nova iniciativa, consideramos un máximo de 20 equipos que participarían deste xeito segundo o número real de inscritos:

Ata 6 equipos: Liga todos contra todos (5 roldas).

7 – 8 equipos: Dous grupos. Semifinal e final (5 roldas).

9 – 12 equipos: Dous grupos. Final. (6 roldas).

13 – 16 equipos: Catro grupos. Grupos de clasificación (6 roldas).

17 – 20 equipos: Torneo por sistema Suízo. 5 Roldas. 

PREMIOS: Haberá trofeos para os tres primeiros colexios clasificados e para cada un dos seus integrantes. O resto de participantes recibirá unha medalla.

COTA DE PARTICIPACIÓN: Gratuíta. Pídese a doazón dun quilo de pasta ou arroz por cada un dos integrantes do equipo.

Para inscribirse contacta co Whatsapp 654 60 37 16

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.