xoves, 19 de outubro de 2023

Actualización datos Torneo Club Ludo

Este sábado no Colexio Santo Domingo-FESD, co apoio económico da Deputación da Coruña, teremos o XVI Torneo Ludo. 

Tras as inscricións, e sabendo que deixamos aínda así xente fóra, preferimos subir un pouco a inscrición ata chegar aos 38 xogadores.

Isto obriga a facer un lixeiro cambio nas bases do torneo, xa que engadiremos unha rolda mais.

Modificación do Horario:
Presentación: 16,45
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,40
3ª Rolda: 18,20
4ª Rolda: 19,00
5ª Rolda: 19,40
6ª Rolda: 20,20
A entrega de trofeos realizarase ó finalizar (Como moi tarde 21,00).


O torneo conta para o Circuito das Mariñas organizador por AGAX. Situación actual.

Lembramos que a inscrición consiste nun kilo de pasta ou arroz. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.