domingo, 17 de novembro de 2024

Campionato por Colexios

No curso pasado iniciamos una nova proba: o Torneo por Colexios. Tivo bastante éxito polo que este ano, en vez de facelo no noso colexio, imos facer esta proba no Colexio Grande Obra.

A actividade vai ser posible de novo grazas á colaboración da Deputación da Coruña, á que se suma neste ano a colaboración de Escolas Católicas e o Grupo Anaya, que realizará durante o torneo unha charla sobre o seu programa Ajeduca.

BASES DA PROBA

DATA CELEBRACIÓN: Sábado 30 de novembro de 2024.

HORARIO:

Presentación de 16,00 a 16,15.

Partidas ás 16,15/17,00/17,45/18,30/19,15/. Clausura ás 20,00.

LOCAL DE XOGO: Colexio Grande Obra de Atocha – Praza de España – A Coruña.

PARTICIPANTES: Poderán participar equipos formados por xogadores do mesmo colexio e que naceran en 2012 ou posteriores. Os equipos poderán ser dun máximo de 5 xogadores e en cada rolda xogarán 4. Un mesmo centro poderá inscribir un máximo de dous equipos. Este máximo poderá anularse no caso de que o día 25 non teñamos 32 equipos inscritos.

Recomendamos xogar co uniforme ou chándal do colexio.

Por temas de seguros, será obrigatorio estar federado ou achegar coa inscrición comunicado do colexio de estar cuberta a saída pola póliza de seguros do propio centro. 

RITMO DE XOGO: 

Partidas a 15 minutos + 3 segundos de incremento.

Non se concederá tempo nas xogadas ilegais. Perderase a partida con dúas xogadas ilegais.

SISTEMA: 

Consideramos un máximo de 32 equipos e 5 roldas.

Caso de considerarse necesaria a ampliación dos equipos, disputaríase unha rolda mais e baixaríase o ritmo de xogo.

PREMIOS: Haberá trofeos para os tres primeiros colexios clasificados e para cada un dos seus integrantes. O resto de participantes recibirá unha medalla.

COTA DE PARTICIPACIÓN: A participación é gratuíta. 

Pídese que cada equipo inscrito preste para o torneo un reloxo válido para o ritmo do torneo e así facilitar a organización do mesmo. 


FORMULARIO DE INSCRICIÓN:

PREME

DÚBIDAS: Para calquera dúbida para inscribirse contacta co Whatsapp 654 60 37 16


Advertencia 1:  Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos de difusión da proba e das actividades do Club Ludo.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba. Recomendamos consultar a web ou o noso Facebook.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.


HISTORIAL

2023: 
1º Coruña British International School
2º Santo Domingo - FESD
3º Compañía de María

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.