martes, 1 de outubro de 2019

XXV TORNEO DO ROSARIO

A Asociación Galega de Xadrecistas vai celebrar o XXV Torneo do Rosario, un dos mais antigos de cantos celebramos.

Nome do Torneo: XXV TORNEO DO ROSARIO

Data: 5 de outubro de 2019.

Lugar: Sporting Club Casino - Rúa Real - A Coruña.

Ritmo: 15 minutos finish

Horario:

1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,30
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,30
5ª Rolda: 19,00
6ª Rolda: 19,30

ENTREGA DE TROFEOS ÁS 20,00

Faremos un torneo de rápidas ás 20,30 o día 4 no mesmo lugar.

Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados da categoría absoluta.
Trofeo para o mellor senior (+55), sub14, sub12, sub10 e sub8.
Trofeo para o mellor do torneo de rápidas do venres.

Medalla para todos os participantes no torneo do sábado.

O trofeo é válido para o circuito AGAX.

Inscricións: 3 euros (de balde para socios de AGAX e o Casino).

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

luns, 29 de abril de 2019

XXIV Día da Ciencia na Rúa 2019

Como todos os anos, o Club Ludo non faltará á súa cita co Día da Ciencia na Rúa este vindeiro sábado 4 de maio no Parque de Santa Margarida. Organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, esta xornada está adicada a xogar, aprender e participar nunha gran variedade de experiencias convidando a espertar a curiosidade pola ciencia.


Achégate pola "Rúa dos Xogos" a partires das 11:00!

mércores, 2 de xaneiro de 2019

Resultados XIII Torneo Rápidas

1 DANIEL POUSADA,   1900  5 15.0 10.0 16.0 5
2 JUAN LUIS MUÑIZ,   1826  4 12.0 8.0 15.0 4
3 JOSE MARIA DORADO,   1643  4 10.0 7.0 12.5 4
4 JOSE FERNANDEZ OTERO,   1980  3 12.0 9.0 16.0 3
5 FRANCISCO GARCIA,   1700  3 10.0 7.0 11.5 3

6 JORGE HUMBERTO BARALE,   1147  3 9.0 7.5 13.0 3
7 JOSE MANUEL ANDION,     2.5 7.0 8.5 13.0 1
8 RODRIGO PENA,   1647  2.5 5.0 7.5 12.0 1
9 FLORENCIO GONZALEZ,   1717  2 8.0 7.5 13.0 2
10 DANIEL CODESIDO,   1747  2 7.0 7.5 12.0 2

11 ALEX ARIAS,     2 3.0 6.5 10.0 1
12 JAVIER GONZALEZ,     1 4.0 7.5 12.0 0
13 BRAIS MARTINEZ,     1 3.0 6.5 12.5 0

Mais fotos