martes, 1 de outubro de 2019

XXV TORNEO DO ROSARIO

A Asociación Galega de Xadrecistas vai celebrar o XXV Torneo do Rosario, un dos mais antigos de cantos celebramos.

Nome do Torneo: XXV TORNEO DO ROSARIO

Data: 5 de outubro de 2019.

Lugar: Sporting Club Casino - Rúa Real - A Coruña.

Ritmo: 15 minutos finish

Horario:

1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,30
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,30
5ª Rolda: 19,00
6ª Rolda: 19,30

ENTREGA DE TROFEOS ÁS 20,00

Faremos un torneo de rápidas ás 20,30 o día 4 no mesmo lugar.

Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados da categoría absoluta.
Trofeo para o mellor senior (+55), sub14, sub12, sub10 e sub8.
Trofeo para o mellor do torneo de rápidas do venres.

Medalla para todos os participantes no torneo do sábado.

O trofeo é válido para o circuito AGAX.

Inscricións: 3 euros (de balde para socios de AGAX e o Casino).

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.