xoves, 21 de agosto de 2025

COPA GONZALEZ MARCH 2025

O Club Ludo - Sociedade Deportiva ten o pracer de encargarse neste 2025 da organización, en colaboración co Sporting Club Casino, da COPA GONZÁLEZ MARCH. Nela conmemórase ó directivo do Casino, que foi obxecto da primeira homenaxe da Federación Galega de Xadrez a un xogador. Ademais foi ó pai do escritor Miguel González Garcés (que ten un pequeno busto na Maestranza) e avó do ex-concelleiro Carlos González-Garcés. 

Para poder facer esta conmemoración, xunto a outros próximos torneos que tamén lembrarán persoas e lugares da nosa área de influencia delimitada polo Colexio Santo Domingo-FESD, agardamos contar co apoio do Concello da Coruña

Esta competición, no modelo actual, xa foi celebrada con éxito en 2023 e 2024, polo Sporting Club Casino e a Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra, coa intención de recuperar competicións de partidas lentas en lembranza dos torneos Cidade da Coruña, Teresa Herrera ou Open Provincial. Continuando nesta liña de recuperar un gran torneo internacional, aproveitamos para introducir como novidade unha proba sub14.


BASES COPA GONZALEZ MARCH 2025

Organizan: Club Ludo e Sporting Club Casino
Datas: Do luns 1 ó venres 5 de setembro de 2025
Local de xogo: Sporting Club Casino. Real, 83 – A Coruña. 


TORNEO SUB14

Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 16,00. Horario das partidas: 16,30 horas.
Ritmo de xogo: 30'+ 30" 
Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas 
Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA. 
ELO: O torneo NON será válido para ELO.
Participación
1. Haberá un máximo de 32 participantes.
2. Reservado a xadrecistas sub14 (Ano de nacemento 2011 ou seguintes). 
Premios
Trofeo para os 3 primeiros e para o 1º clasificado socio do Sporting Club Casino.
Medalla para todos os participantes.


TORNEO ABSOLUTO

Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 18,30. Horario das partidas: 19,00 horas.
Ritmo de xogo: 60'+ 30" 
Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas 
Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA. 
ELO: O torneo NON será válido para ELO.
Participación
1. Haberá un máximo de 32 participantes.
2. Aberto a todas as idades.
Premios
1º posto: Trofeo e 70 euros.
2º posto: Trofeo e 50 euros.
3º posto: Trofeo e 40 euros.
4º posto: 35 euros.
5º posto: 30 euros.
6º posto: 25 euros.
1º clasificado socio do Sporting Club Casino: Trofeo.
Medalla e pequeno agasallo para todos os participantes.


INSCRICIÓNS:

A participación nos torneos é gratuita. 
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

*** PREME ***

O prazo permanecerá aberto ata o 31 de agosto ou ata que se complete a cabida prevista.
Ata o día 26 terán preferencia na inscrición os socios do Sporting Club Casino.


CLAUSURA:

Desempates: a sortear tras a derradeira rolda entre os criterios escollidos na primeira rolda. 
Horario: venres 5 de setembro ás 21,30 horas aproximadamente. 
É obrigatoria a presenza na cerimonia de clausura para recoller o premio.


Director do Copa: Ernesto Pérez Ramil
Árbitro do Torneo Sub14: Marcos Martínez Ramos
Árbitro Principal do Torneo Absoluto: Francisco Javier García Veiras

Comité de Competición: As decisións arbitrais tomadas polo árbitro principal ou polo director do torneo como auxiliar poderán ser reclamadas ante o Comité de Competición formado polo director, o árbitro e tres xogadores escollidos por sorteo, dos cales un será membro do equipo federado do Sporting Club Casino. 

Aspectos Varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. 

En caso de xogadores que se inscriban e non asistan ou ben abandonen o torneo, a organización poderá vetar a súa participación en calquera outro torneo organizado polas entidades convocantes nos próximos dous anos.

A organización resérvase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.