luns, 29 de novembro de 2021

TORNEO REI DE MESA - XVI LUDO LOSTREGO

Na modalidade REI DA MESA.

Nome da actividade:
 XVI LUDO LOSTREGO

Data: 4 de decembro de 2021.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña

Hora de inicio: 17,00.

Hora de finalización aproximada: 20,00.

Sistema de xogo: Rei de Mesa.

Modalidade na que experimentaremos este ano, con estas características:

1.- O ritmo de xogo será de 5 minutos finish, con enfrontamentos "REI DE MESA".

2.- Xogarase inenterrumpidamente durante 3 horas, sendo a presentacion e confirmación dos xogadores no mesmo local de xogo ás 17:00, iniciandose os enfrontamentos ás 17:30 e até as 20:30.

3.- O número de xogadores limítase a 30 participantes, os cales serán divididos por sorteo en tres  grupos iguais, A, B e C (se o numero final de participantes non é multiplo de 3, dividiranse de xeito que os grupos A e B teñan o mesmo número de xogadores).

4.- Na rolda inicial enfrontaran os xogadores do grupo A contra o B (A1-B1; A2-B2; A3-B3; ?.) quedando os xogadores do grupo C á espera de ir entrando por orde en lugar dos xogadores que vaian perdendo as súas partidas. 

5.- Unha vez rematada a partida, o gañador dará o resultado, mentres o perdedor colocará as pezas e logo levantárase deixando o seu sitio a un novo xogador.

6.- Se o xogador chamado para entrar, non se presenta na mesa arbitral en menos de 30 segundos, pasase ao final da lista, chamándose ao seguinte da mesma.

7.- O xogador que gaña continua xogando na mesma mesa, elixe cor para a seguinte partida, e xogará con 1 minutos menos do que mollo na anterior partida (nunca menos de 1 minuto).

8.- No caso de táboas, sairá da mesa, o xogador que xogou con máis tempo, en caso de ser igual, o que xogou con brancas.

9.- En caso que o gañador decida descansar, pasará a ocupar lugar en lista de reserva, e entrarán a xogar os dous seguintes da lista, sendo o primeiro deles quen xogue con Brancas, ambos con 5 minutos.

10.- Os xogadores poderán ausentarse da competición e regresar posteriormente á mesma. Deberán notificar ao arbitro a súa ausencia temporal e cando notifiquen o seu regreso, incorporásense no ultimo lugar da lista de reserva.

11.- A falta de 3 minutos para as 3 horas inenterrumpidas de torneo, o arbitro notificará que se pecha o inicio de novas partidas, quedando finalizado o torneo para os xogadores que están na lista de reserva, e segundo vaian acabando as partidas en xogo finalizará a competición para os que estaban a xogar nese momento.

12.- A suma total dos puntos obtidos será a puntuación final do torneo do xogador.

13.- Desempates:
- Maior porcentaxe de puntos conseguidos
- Maior número de vitorias
- Maior número de puntos con negras
- Sumatorio resultados particulares
- Sorteo

14.- Os participantes no torneo autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listaxe de resultados, clasificacións, partidas, fotos,?.).

Premios:
Trofeo para o primeiro clasificado.
Os asistentes recibirán unha máscara de protección con motivos de xadrez.

Cota: 3 euros (de balde para socios de AGAX) FAITE SOCIO E AXÚDANOS!.

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licenza federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

Advertencia 4: Esta actividade ten a consideración de adestramento federado de cara á aplicación das normativas AntiCOVID. Os participantes deberán asinar o formulario de recoñecemento de riscos que lles entregue a organización.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.