mércores, 2 de decembro de 2020

Actividades no nadal

Estes días remataremos o torneo que estamos a facer nas clases e promoveremos actividades que se realizan fora do Centro.

Os sábados de decembro temos a Liga Online sub12. O sábado pasado quedamos segundos con boa actuación dalgún dos nosos xogadores.

Faise a través de Lichess.org

É aconsellable que cada xogador cree unha conta (é de balde) e logo entre no equipo do colexio, dándolle á imaxe da esquerda. Cada semana terán que ir entrando na sala de xogo.

Ademais neste mes hai varias actividades presenciais noutros espazos (como o Centro Comercial Los Rosales). Son actividades moito mais pequenas que en pasados anos, mantendo protocolos anti-COVID. Os participantes deben estar federados. Como a licenza é por ano natural, agora mesmo dos asistentes ás clases poderían xogar Roque, os Xoans, Sergio, Alex e Andrés. E tamén os federados aínda que non vaian ás clases; Hugo, Santi e Victor. Os demais se quixeran xogar terían que pagar a licenza federativa do que queda deste ano (3 euros) antes de anotarse nas probas.

Nesta ponte hai actividades en Los Rosales organizadas polo club da Universidade... 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.