xoves, 21 de agosto de 2025

COPA GONZALEZ MARCH 2025

O Club Ludo - Sociedade Deportiva ten o pracer de encargarse neste 2025 da organización, en colaboración co Sporting Club Casino, da COPA GONZÁLEZ MARCH. Nela conmemórase ó directivo do Casino, que foi obxecto da primeira homenaxe da Federación Galega de Xadrez a un xogador. Ademais foi ó pai do escritor Miguel González Garcés (que ten un pequeno busto na Maestranza) e avó do ex-concelleiro Carlos González-Garcés. 

Para poder facer esta conmemoración, xunto a outros próximos torneos que tamén lembrarán persoas e lugares da nosa área de influencia delimitada polo Colexio Santo Domingo-FESD, agardamos contar co apoio do Concello da Coruña

Esta competición, no modelo actual, xa foi celebrada con éxito en 2023 e 2024, polo Sporting Club Casino e a Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra, coa intención de recuperar competicións de partidas lentas en lembranza dos torneos Cidade da Coruña, Teresa Herrera ou Open Provincial. Continuando nesta liña de recuperar un gran torneo internacional, aproveitamos para introducir como novidade unha proba sub14.


BASES COPA GONZALEZ MARCH 2025

Organizan: Club Ludo e Sporting Club Casino
Datas: Do luns 1 ó venres 5 de setembro de 2025
Local de xogo: Sporting Club Casino. Real, 83 – A Coruña. 


TORNEO SUB14

Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 16,00. Horario das partidas: 16,30 horas.
Ritmo de xogo: 30'+ 30" 
Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas 
Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA. 
ELO: O torneo NON será válido para ELO.
Participación
1. Haberá un máximo de 32 participantes.
2. Reservado a xadrecistas sub14 (Ano de nacemento 2011 ou seguintes). 
Premios
Trofeo para os 3 primeiros e para o 1º clasificado socio do Sporting Club Casino.
Medalla para todos os participantes.


TORNEO ABSOLUTO

Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 18,30. Horario das partidas: 19,00 horas.
Ritmo de xogo: 60'+ 30" 
Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas 
Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA. 
ELO: O torneo NON será válido para ELO.
Participación
1. Haberá un máximo de 32 participantes.
2. Aberto a todas as idades.
Premios
1º posto: Trofeo e 70 euros.
2º posto: Trofeo e 50 euros.
3º posto: Trofeo e 40 euros.
4º posto: 35 euros.
5º posto: 30 euros.
6º posto: 25 euros.
1º clasificado socio do Sporting Club Casino: Trofeo.
Medalla e pequeno agasallo para todos os participantes.


INSCRICIÓNS:

A participación nos torneos é gratuita. 
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

*** PREME ***

O prazo permanecerá aberto ata o 31 de agosto ou ata que se complete a cabida prevista.
Ata o día 26 terán preferencia na inscrición os socios do Sporting Club Casino.


CLAUSURA:

Desempates: a sortear tras a derradeira rolda entre os criterios escollidos na primeira rolda. 
Horario: venres 5 de setembro ás 21,30 horas aproximadamente. 
É obrigatoria a presenza na cerimonia de clausura para recoller o premio.


Director do Copa: Ernesto Pérez Ramil
Árbitro do Torneo Sub14: Marcos Martínez Ramos
Árbitro Principal do Torneo Absoluto: Francisco Javier García Veiras

Comité de Competición: As decisións arbitrais tomadas polo árbitro principal ou polo director do torneo como auxiliar poderán ser reclamadas ante o Comité de Competición formado polo director, o árbitro e tres xogadores escollidos por sorteo, dos cales un será membro do equipo federado do Sporting Club Casino. 

Aspectos Varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. 

En caso de xogadores que se inscriban e non asistan ou ben abandonen o torneo, a organización poderá vetar a súa participación en calquera outro torneo organizado polas entidades convocantes nos próximos dous anos.

A organización resérvase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web.

domingo, 29 de xuño de 2025

Resultados Torneo Merino

O sábado 21, no que coincidían os aniversarios do noso club e de Domingos Merino, disputamos o anual torneo conmemorativo. Nel tomou parte o viuvo de Domingos Merino, Jorge Galiñanes, que realizou o saque de honra do torneo.

Moitas grazas a todos por participar e voltaremos con esta proba o 21 de xuño de 2026, haxa ou non axudas públicas (que este ano non houbo).

Christian Pérez foi o gañador deste Torneo.

12Perez Vera, ChristianPER5,015.013.014.051888MACONDO
24Couto Worner, SergioESP4,013.014.015.041817XDM
35Codesido Sanchez, DanielESP4,012.010.010.041807CIDU
41Martinez Ramos, Marcos JavierESP3,011.015.018.031947XDM
53Lopez Vazquez, GonzaloESP3,011.014.016.031820CIDU
66Aranguena Laffon, JaimeESP3,010.013.015.031707CIDU
77Esparrago Roson, PabloESP3,09.014.016.031687CIDU
810Marcote Gonzalez, MarcoESP3,09.012.014.031605SADA
911Del Valle Rodriguez, RamiroESP3,07.010.012.031590ETX
1017Martinez, Fernandez, MarcosESP3,07.09.010.030XDM
118Lopez Fernandez, AntonioESP2,08.012.013.021631ETX
1219Sande Seoane, XoanESP2,07.011.012.020CIDU
139Andion Fernandez, Jose ManuelESP2,07.010.010.021607CIDU
1413Miras Seijas, Manuel AngelESP2,06.010.011.021545XDM
1516Martinez Velasquez, Miguel AngelESP2,04.010.010.020Xabia
1618Moreno Cobos, RicardoESP2,04.08.08.020ETX
1720Trillo Rodriguez, DarioESP2,03.07.07.020CIDU
1814Canas Varela, XabierESP1,04.011.013.010TDFC
1912Canas Lara, JulioESP1,03.012.014.011589TDFC
2015Fernandez Carrera, MateoESP0,00.010.012.000ETX

xoves, 29 de maio de 2025

XX Torneo Ludo - Domingos Merino

O 21 de xuño de 2002 foi fundado o Club Ludo - Sociedade Deportiva.

Tamén un 21 de xuño, pero de 1939, nacía quen foi un dos mellores xadrecistas de Galicia: Domingos Merino, falecido no 2018.

Ludo e a familia do homenaxeado teñen o obxectivo de facer na Coruña cada 21 de xuño un torneo que lembre a nosa fundación e o nacemento de quen foi alcalde da nosa cidade, polo que o torneo engadirá o nome de Merino á proba blitz, a primeira das creadas por Ludo.

O Ludo Lóstrego é a proba mais antiga das que facemos xa que naceu no 2006. Aínda que nesa época non tiñamos o vencello actual co Colexio Santo Domingo-FESD, é de destacar que nos 18 anos de celebración gañaron dous exalumnos do colexio: Jorge Rodríguez no 2006 e Santiago Domínguez no 2015.

Co obxectivo de facer a proba máis entretida, este ano será valedeira para ELO FIDE.

*** TORNEO MERINO - XX LUDO LÓSTREGO ***

Data: 21 de xuño de 2025.

Local de Xogo: Centro Comercial Los Rosales.

Ritmo: 5' + 3''.

Horario:
Presentación: A partir das 19,30
1ª Rolda: 20,00
2ª Rolda: 20,20
3ª Rolda: 20,40
4ª Rolda: 21,00
5ª Rolda: 21,20
A entrega de trofeos realizarase ó finalizar.

Requisitos:
Estar federado. 
Máximo 32 participantes. 

Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados e para o mellor xogador alumno do Colexio Santo Domingo-FESD.

Inscricións:
A inscrición é de 5 euros. 
As inscricións realizaranse exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1:  Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes, etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo, a organización pode ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

HISTORIAL DO TORNEO LOSTREGO

I TORNEO - 2006
GAÑADOR: Jorge Rodríguez
II TORNEO - 2007
GAÑADOR: Aleksa Strikovic
III TORNEO - 2008
GAÑADOR: Bruno Figueredo
IV TORNEO - 2009
GAÑADOR: Diego García-Muñoz
V TORNEO - 2010
GAÑADOR: Pablo Sánchez
VI TORNEO - 2011
GAÑADOR: José Sande
VII TORNEO - 2012
GAÑADOR: José Sande
VIII TORNEO - 2013
GAÑADOR: José Sande
IX TORNEO - 2014
GAÑADOR: Pablo Sánchez
X TORNEO - 2015
GAÑADOR: Santiago Domínguez
XI TORNEO - 2016
GAÑADOR: José María Dorado
XII TORNEO - 2017
GAÑADOR: José Ramón Gómez Torre
XIII TORNEO - 2018
GAÑADOR: Daniel Pousada
XIV TORNEO - 2019
GAÑADOR: Daniel Codesido
XV TORNEO - 2020
GAÑADOR: Rodrigo Pena
XVI TORNEO - 2021
GAÑADOR: Francisco Pedreira
XVII TORNEO - 2022
GAÑADOR: Rodrigo Pena
XVIII TORNEO - 2023
GAÑADOR: Jacobo Vieites
XIX TORNEO - 2024
GAÑADOR: José Fndez. Otero